André Abeledo Fernández •  Opinión •  12/12/2021

Mercadona vai a subir o salario aos traballadores?

En MERCADONA o salario vai subir o que sube todos os anos, o IPC, como o IPC vai a estar por riba do 5% pois vannos  subir o 5%, cando foi do 1% subironnos o 1%, e cando foi do 0% tivemos os salarios conxelados, o IPC é o que MERCADONA sube por sistema, nada máis.
O que está a facer MERCADONA na prensa é propaganda e conseguindo publicidade gratuita.
Dende a Sección Sindical da CIG lembramos que unha subida salarial real é cando o salario dos traballadores sube sensiblemente pon enriba do IPC e permitelle mellorar o seu nivel de vida, non mantelo a duras penas ou máis ben como ocurre sempre perder capacidade adquisitiva.
Para as traballadoras e traballadores de Mercadona o realmente importante en materia salarial sería poder consolidar a parte do noso salario que figura como complementos, e que pasase a ser así parte do noso salario.
Sería que a malchama «prima» de Mercadona pasase a ser realmente unha prima e non como é agora un plus salarial que utilizase para «castigar» a traballadores que reivindican os seus dereitos, ou premiar a quenes deixan literalmente a súa saúde e entregan por completo a súa vida a empresa, dando moito máis do humanamente razoable, para logo cando xa non poden máis convertirse en prescindibles.
Sería que deixasen de retirar o complemento salarial as traballadoras e traballadores de baixa IT que non están dispostos a traballar enfermos.
As traballadoras e traballadores de Mercadona queremos salarios dignos pero tamén ser tratados con dignidade. Algo que dende a Sección Sindical da CIG en Mercadona levamos anos reclamando.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /