Redacción •  Galicia •  20/06/2023

Conferencia: As mulleres en situación de prostitución e os conceptos que rodean este feito. 22 de xuño

  • CNT Galiza retransmitirá en directo a conferencia no seu local de Compostela.
  • A conferencia poderá seguirse dende esta ligazón: https://labur.eus/5HzrV.
Conferencia: As mulleres en situación de prostitución e os conceptos que rodean este feito. 22 de xuño

Dende CNT Bilbao, Mujeres Libres e a asociación Emargi realizarase unha conferencia de Amelia Tiganus e Lucía Nieto (fundadoras da Asociación Emargi) sobre as mulleres en situación de prostitución e os conceptos que rodean este feito.

A conferencia realizarase o próximo 22 de xuño as 19:00 en Bilbao (Edificio La Bolsa. C/ Pelota, 10) e será posible seguila vía web nesta ligazón: https://labur.eus/5HzrV

CNT Galiza apoia e difunde esta conferencia animando a afiliación a seguir a conferencia dende os seus dispositivos ou achegarse ó local de Compostela, onde se retransmitirá e teremos a posibilidade de realizar preguntas.

Seguindo a liña estratéxica e de traballo do XI Congreso Confederal de Zaragoza, onde a CNT se declara feminista, no XII Congreso Confederal de Canovelles, como non puido ser doutro xeito, todos os sindicatos da CNT posicionámonos e acordamos que “a prostitución constitúe un medio de vida que, dende o sindicato, preténdese erradicar. Non se considera un traballo para o que conseguir melloras”.

Así mesmo, o propio acordo inclúe medidas específicas para levalo adiante:

  • Unha mellor xestión das institucións adicadas á reinserción de mulleres vítimas do sistema prostitucional, sen caer en asistencialismos e moralismos.
  • A esixencia dun plan de reinserción sociolaboral con traballos dignos, evitando os altamente feminizados e precarios. Acabar coas condicións que forzan ás mulleres á exercer a prostitución coa abolición da Lei de Estranxeiría e a Lei Mordaza, que criminalizan ás mulleres e facilitan a a trata.
  • Acabar ca masculinidade hexemónica, baseada no poder que os homes teñen sobre as mulleres dentro dun sistema patriarcal ata o punto de considerar o corpo das mulleres bens de consumo.

Entre os obxectivos do anarcosindicalismo está o de construír unha sociedade libre, xusta e igualitaria para todas as persoas, non acadándose esta mentres unha soa persoa permaneza sometida. Como organización anticapitalista entendemos que non todo pode ser obxecto de comercio. O compromiso dos distintos sindicatos de CNT con respecto aos acordos acadados en Congreso é máximo, porque alí decidimos entre toda a afiliación o sindicato que queremos construír, do que estar orgullosas.


CNT Galicia /