La Tienda Republicana

Galicia

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas"

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente.

En Marea esixiralle á Xunta que explique por que prioriza a institucionalización de menores fronte ao acollemento en unidades familiares

Na mañá do xoves as deputadas de En Marea Paula Vázquez Verao e Eva Solla mantiveron unha xuntanza coa Asociación Galega de Acollemento de Familia Externa do Menor (AGAFEM) para coñecer as preocupacións deste colectivo coas políticas sociais que está aplicando a Xunta con respecto ao acollemento de nenos e nenas que non poden medrar cos seus proxenitores, fomentando o recurso de centros privado-concertados fronte á recomendación de favorecer o crecemento na contorna familiar.

En Marea logra no Congreso sacar adiante a súa proposta para impedir a recalificación da superficie queimada antes de 30 anos

A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aprobou este mediodía a proposición non de lei de En Marea que demanda a derogación do cambio feito polo PP na Lei de Montes de 2015 para que se poidan recalificar terreos calcinados antes dos 30 anos dun incendio. A única formación política que se posicionou en contra da iniciativa de En Marea foi o PP, o resto de grupos intervintes explicitaron o seu total respaldo a esta proposición.

Temas: 

Por unha rede de protección institucional para as persoas empobrecidas

Inda que coñecida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, por ser unha cidade fermosa, o feito é que na cidade olívica hai tamén pobreza. Hai xente que depende dunhas axudas que chegan tarde, se é que chegan. E moitas das veces non dan abasto para pagar a renda dun aluguer, os recibos, manter aos fillos...
 

Vanesa, amenazada con ser desahuciada en Vigo, pide trabajo o una vivienda

Vanesa Bregua y sus dos hijos de 9 y 6 años tendrán que dejar el piso subvencionado por la Xunta de Galicia: no puede seguir pagando el alquiler. Con los exiguos ingresos de que dispone para mantener a una familia de 3 miembros monomarental no puede hacer frente al pago de un alquiler. Como ella 174.000 hogares gallegos se encuentran en exclusión social. Además en Galicia un 9 % de los hogares vive sin ingresos, de acuerdo con los datos de la última EPA, que revela que hay 38.300 familias en esta situación en toda la CCAA.

Páginas