La Tienda Republicana

Galicia

Antón Gómez-Reino: “Estamos en contra dos centros de internamento de estranxeiros porque ningunha persoa é ilegal”

O grupo parlamentario confederal Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea presentou este venres unha batería de iniciativas parlamentarias para solicitar o peche dos centros de internamento de estranxeiros, por unha banda, e para esixir a comparencia no Congreso dos Deputados dos responsables institucionais para expliquen na Cámara Baixa o sucedido esta semana no CIE de Aluche en Madrid, pola outra.

Profesorado e alumnado concéntrase nos centros de secundaria contra as reválidas e a LOMCE

Profesorado e alumnado de secundaria de toda Galiza concentrouse hoxe, xoves, durante a hora do recreo, nos centros de ensino para manifestar o seu máis rotundo rexeitamento ás reválidas e á LOMCE. Unhas probas que comezarán a realizarse en 2017 e que será imprescindíbel superar para conseguir os títulos de graduado en ESO e de bacharel a partir de 2018. Probas que, en todo caso, substituirán xa este curso as actuais PAU, sen que o alumnado saiba, a esta altura, en que van consistir o seu deseño, cando delas depende o seu futuro.

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas"

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente.

En Marea esixiralle á Xunta que explique por que prioriza a institucionalización de menores fronte ao acollemento en unidades familiares

Na mañá do xoves as deputadas de En Marea Paula Vázquez Verao e Eva Solla mantiveron unha xuntanza coa Asociación Galega de Acollemento de Familia Externa do Menor (AGAFEM) para coñecer as preocupacións deste colectivo coas políticas sociais que está aplicando a Xunta con respecto ao acollemento de nenos e nenas que non poden medrar cos seus proxenitores, fomentando o recurso de centros privado-concertados fronte á recomendación de favorecer o crecemento na contorna familiar.

En Marea logra no Congreso sacar adiante a súa proposta para impedir a recalificación da superficie queimada antes de 30 anos

A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aprobou este mediodía a proposición non de lei de En Marea que demanda a derogación do cambio feito polo PP na Lei de Montes de 2015 para que se poidan recalificar terreos calcinados antes dos 30 anos dun incendio. A única formación política que se posicionou en contra da iniciativa de En Marea foi o PP, o resto de grupos intervintes explicitaron o seu total respaldo a esta proposición.

Temas: 

Páginas