Galicia

Petan no corazón das institucións

Ante as carencias que presentan os servizos sociais de Vigo e da Galiza foron moitas persoas as que chamaron simbolicamente no corazón da cidade, A Farola, as institucións públicas na tarde do 21 de outubro. Ademais de Os Ninguéns e a R.S.P. moita da xente que pasaba, de todas as idades, fixo un chamamento sonoro á Xunta e ao Concello de Vigo para que ningunha familia teña que estar na rúa: toc toc abran portas de casas.
 

Concentración contra la represión policial en la Comisaría de la Policía Local de Vigo

Con una pancarta en la que se pedía "Diego Absolución", en alusión al último acusado por el policía local 294509 de un delito de atentado, un grupo de personas realizó una concentración silenciosa el pasado viernes para pedir el fin de la represión policial.

Antón Gómez-Reino: “Estamos en contra dos centros de internamento de estranxeiros porque ningunha persoa é ilegal”

O grupo parlamentario confederal Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea presentou este venres unha batería de iniciativas parlamentarias para solicitar o peche dos centros de internamento de estranxeiros, por unha banda, e para esixir a comparencia no Congreso dos Deputados dos responsables institucionais para expliquen na Cámara Baixa o sucedido esta semana no CIE de Aluche en Madrid, pola outra.

Profesorado e alumnado concéntrase nos centros de secundaria contra as reválidas e a LOMCE

Profesorado e alumnado de secundaria de toda Galiza concentrouse hoxe, xoves, durante a hora do recreo, nos centros de ensino para manifestar o seu máis rotundo rexeitamento ás reválidas e á LOMCE. Unhas probas que comezarán a realizarse en 2017 e que será imprescindíbel superar para conseguir os títulos de graduado en ESO e de bacharel a partir de 2018. Probas que, en todo caso, substituirán xa este curso as actuais PAU, sen que o alumnado saiba, a esta altura, en que van consistir o seu deseño, cando delas depende o seu futuro.

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas"

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente.

Páginas