La Tienda Republicana

Galicia

Esquerda Unida considera imprescindible modificar o sistema productivo para evitar a situación de colapso enerético e ambiental que ameaza o planeta

Tampouco hai dúbida da orixe dese problema, unha orixe compartida con  outras perturbacións  que ameazan a estabilidade do propio planeta, como o quecemento global, a perda de biodiversidade ou a acidificación dos océanos. As expectativas son desalentadoras fronte a unha evidencia:  a organización do noso sistema produtivo, depredador da natureza e altamente dependente dos combustibles fósiles non é viable. Ata os máis reacios actores económicos deben admitilo.

Aprobada por unanimidade a iniciativa de Eva Solla para promover a regulación de funcións do persoal técnico de enfermería actualizando e adaptando a normativa á realidade actual

A Organización Mundial da Saúde leva advertindo dende o ano 2000 da necesidade de avanzar nunha axeitada distribución das tarefas entre as e os profesionais sanitarios, unha cuestión que non tivo unha aplicación global en España e que actualmente produce un déficit en relación ao recoñecemento e formación de determinadas titulacións, como pode ser a do persoal técnico en Coidados de Enfermería.

Esquerda Unida, ante os resultados das Eleccións Municipais, indica a necesidade dunha fonda valoración colectiva sobre as dificultades que levaron ao estreitamento do espazo da esquerda

Os resultados das eleccións municipais debuxan un panorama dispar, cun resultado nalgúns casos agridoce gracias ao mantemento ou crecemento da confianza das veciñas e veciños nos proxectos iniciados polas nosas candidaturas nalgúns concellos, como é o caso de Mugardos, O Porriño ou Cangas, entre outros.

Non obstante, o estreitamento do espazo da esquerda en moitos outros concellos require unha análise das ferramentas de confluencia, que evidenciaron o peso das discusións internas, condicionando en boa medida os resultados obtidos.

Eva Solla chama a votar á Marea de Marín, “unha candidatura que coñece as necesidades da veciñanza”

Marín, 22 de maio de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, estivo apoiando á candidatura de Marea de Marín. “É imprescindible que o Concello saia da parálise na que está instalado. A pesar de ter unha maioría nun concello que asegura que é ‘de esquerda’, a verdade é que non se fixo nada para veciñanza.

Esquerda Unida presenta unha Lei para controlar e restrinxir a proliferación das casas de apostas, un perigo para a saúde pública da cidadanía

Compostela, 21 de maio de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, xunto a Loreto Taibo, responsable de Acción Política de Esquerda Unida, presentaron esta mañá en rolda de prensa unha proposición de lei co obxectivo de mellorar e actualizar a obsoleta Lei do Xogo en Galicia, encamiñada a restrinxir a proliferación das casas de apostas, entre outras cousas.

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, esixe solucións aos problemas de contaminación e a falta de traballo nas nosas costas

A primeira xuntanza tivo lugar en Foz do Val Miñor (Nigrán) onde Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, reuniuse con José Cuevas, candidato á alcaldía de Nigrán Decide, José Ramón Estévez, candidato á alcaldía de Unidas Podemos Son En Común Baiona, Eli Suárez, candidata á alcaldía de Gondomar Concello Aberto (CABE), entre outras, que falaron sobre a necesidade do tratamento diferenciado da xestión da pesca da frota artesanal con respecto ás frotas industriais.

Páginas