La Tienda Republicana

Galicia

A executiva nacional de Esquerda Unida celebra a moción de censura presentada por EU-OS VERDES-SON, ICM e BNG-AA ao goberno do PP de Mugardos

A Executiva Nacional de Esquerda Unida, reunida esta tarde en Compostela, valorou moi positivamente o traballo levado a cabo polos partidos da oposición en Mugardos (EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA), que presentaron unha moción de censura ao goberno do Partido Popular coa esperanza de formar, no pleno extraordinario do día 12 de agosto, un goberno de esquerdas que defenda á maioría social

En Marea solicitará ao Goberno central a recuperación do litoral na Pobra do Caramiñal

Unha das principais actuacións previstas é abordar a segunda fase de rexeneración das Xunqueiras, toda vez que a primeira vén de rematarse nas últimas semanas. Nesta zona existen unhas naves protexidas,  que non poden ser derrubadas, así que desde o Concello solicítase un proxecto e unha partida orzamentaria para rehabilitar a zona e darlle un uso para o disfrute das veciñas e dos veciños, zona que na actualidade se está deteriorando polo abandono que sofre.

Antón Sánchez denuncia a “nefasta xestión” dos fondos europeos por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo

O informe do Consello de Contas a respecto da execución dos fondos europeos deixa ver, a dicir do viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Antón Sánchez, “a nefasta xestión” dos Gobernos de Alberto Núñez Feijóo. Se as axudas comunitarias marcaban como obxectivo que a converxencia de Galiza coa media europea pasase do 89% -en 2009- ao 95%, o certo é que baixou e atópase no 80%. “As cifras reflicten a deficiente xestión do PP”, insistiu Sánchez, nunha comparecencia de prensa esta mañá no Parlamento galego.

Alternativa Galega de Esquerda propón que a Xunta asuma os salarios dos socorristas e mellore as súas condicións laborais

Galicia é o país con máis afogados en praias no que vai de ano. “Velaquí unha nova mostra de que a política de retalladas e austeridade do Partido Popular custan vidas”, sinalou o deputado de Alternativa Galega de Esquerda Juan Fajardo. Fíxoo esta mañá nunha comparecencia de prensa no Parlamento de Galicia en que reclamou da Xunta que asuma os salarios e a mellora das condicións laborais dos socorristas das praias. “Moitos concellos apenas poden asumir este gasto, e cando o fan, non pagan máis de 2000 euros brutos por dous meses de traballo”, indicou, “quen pode vivir así?”.
 

Páginas