La Tienda Republicana

Galicia

No Día Internacional Sen Bolsas de Plásticos, 3 de xullo, a Fundació Residus i Consum, Amigos da Terra, Surfrider Foundation Europe reclaman a prohibición da distribución das bolsas gratuítas dun só uso

Os Estados membro da UE, España incluída, só teñen 4 meses para aprobar a transposición da Directiva (UE) 2015/720, do Parlamento Europeo e do Consello, aprobada o 29 de abril de 2015, para a redución das bolsas de plástico dun só uso. Novembro é o mes no que España terá que definir obxectivos e medidas para a redución, e posible prohibición, deste obxecto de consumo cotián: a bolsa de plástico dun só uso. Con todo, achéganse os prazos e aínda non se tomou ningunha medida, mentres algúns países veciños xa se puxeron en marcha, como Italia ou Francia.

EU leva a cabo unha campaña animando ás familias galegas a que non se matriculen na materia de Relixión

A área de Educación de Esquerda Unida levou a cabo estes días unha campaña informativa na que animaba ás familias do alumnado galego a non matricular aos seus fillos na área de Relixión, optando así pola materia  de "Valores Sociais e Cívicos".

 

Concentración por el derecho de las mujeres a vivir en paz

En el primer semestre del año han sido asesinadas 47 mujeres, recordadas con las fechas en los carteles que portaban las y los concentrados. Al final de la concentración se leyó un comunicado en el que se ponen de manifiesto que la ley de plazos provoca el archivo provisional de 9 de cada 10 casos de malos tratos. En el 2016 el sobreseimiento de las denuncias se disparó hasta el 90 % de las 300 causas que se resolvieron en el primer trimeste, por lo que sólo 28 de los casos, un 10 %, acabaron en juicio.

CCOO-Sanidade apoia as concentracións convocadas polo Movemento Galego da Saúde Mental este xoves

Segundo CCOO e o MGSM, o plan galego ha ter carácter multisectorial, estar dotado de suficientes recursos para afrontar o problema e artellado no plan de saúde mental de Galicia. Ambas as entidades tamén coinciden á hora de pedir a constitución dun comité técnico para a elaboración do plan e a creación de comisións clínico-asistenciais en cada xerencia sanitaria do país.
 
Concentracións (todas ás 20 h):
 
- A Coruña: diante do Obelisco
-Ferrol: praza de Armas
- Lugo: praza Maior (diante do Concello)

O PP impide que estudantes universitarios deixen de pagar en Galicia por un servizo que non reciben

Nin sequera un problema concreto, que o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez definiu como “que aos alumnos e ás alumnas universitarios non se lles cobre por un servizo que non reciben”, serviu para que o Partido Popular mudase a súa política de destrución do ensino público e promoción da desigualdade social. “Vostedes non se preocupan dos problemas da xente”, afeoulle Vázquez aos deputados da dereita, “vostedes só se preocupan dos votos e de se manter na ‘poltrona”.
 

Páginas