La Tienda Republicana

Galicia

En Marea impulsará o porto seco de Monforte, a conexión de infraestruturas na Mariña e apostará polas industrias de transformación láctea para xerar valor engadido no rural

Compromiso en economía e emprego e infraestruturas para toda a provincia, impulsar o porto    seco de Monforte é unha prioridade para En Marea agora abandonado; dar unha solución para os problemas de néboa da A-8 que segue sen arranxo desde a súa construción, a conexión de infraestruturas na Mariña occidental foron algúns dos problemas que se trataron cos veciños de Vilalba.
 
VISITA Á FONSAGRADA

Temas: 

Compromiso por Galicia presenta recurso para participar nos debates electorais dos medios públicos

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, presentou esta mañá un recurso ante a Xunta Electoral de Galicia, á que lle que reclama que regularice a inclusión do seu partido na mesa de debate electoral que organizan os medios de comunicación durante a campaña das eleccións autonómicas que se celebrarán o 25 de setembro.

O candidato á presidencia de En Marea, Luís Villares, xunto coas candidatas Luca Chao e Mariló Candedo presentaron o programa de En Marea en materia educativa

En Marea presentou esta mañá diante do IES Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra da Coruña, o seu programa en materia educativa. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, arrancou a súa intervención facendo mención a reunión entre o candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Deputación de Ourense, Jose Manuel Baltar. “Seguro que é o único galego que non sabe quen é Baltar como tampouco sabía quen era Marcial Dorado.

Temas: 

Ana Pontón comprométese con SEAGA a rematar coa precariedade do servizo de extinción de incendios

Tras o encontro con representantes da empresa pública SEAGA, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, trasladou o seu compromiso co fin de rematar coa precariedade do servizos de extinción de incendios e apostou por  “unha nova política forestal” despois do 25 S centrada  na prevención,  uso multifuncional do monte e promoción de  cambios estruturais “que poñan fin ao drama dos incendios”.

Olalla Rodil: “Cando o BNG estivo no goberno da Xunta os libros de texto non se pagaban”

A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza con representantes da FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo). Esta xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos.

“Era previsible a quince días das eleccións que Feijóo viñera a anunciar unha vez máis unha carga de traballo no naval que nunca termina por se facer realidade”

Fronte este xeito de actuar, En Marea considera que un goberno galego responsable o que ten que facer é posicionarse por entrar no Consello de administración de Navantia para poder mellorar a capacidade comercial e as contas da empresa e en segundo lugar pular pola construción do dique seco e polos investimentos en I+D+I para acadar unha boa colaboración entre Navantia e universidades galegas.

Temas: 

Páginas