La Tienda Republicana

Galicia

En Marea recuperará o Plan de atención a saúde mental abandonado polo goberno de Núñez Feijóo desde 2009

“Queremos lembrar que algún día tivemos o mellor sistema sanitario público do mundo, un patrimonio valiosísimo que sería obsceno deixar esmorecer. Queremos recuperar unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade coas persoas no centro da atención“ explicaron. Así mesmo, En Marea reintegrará ao común un patrimonio colectivo que foi desprestixiado, deturpado e entregado a mans amigas do poder enlamadas coa virtude de facer da carencia colectiva un negocio.

Ana Pontón: “As industrias como Inditex e Citroën deben tributar en Galiza”

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón afirmou hoxe, no transcurso dun reparto electoral nas inmediacións da factoría  Citroën, que “as industrias que producen en Galiza, como Inditex e Citroën, deben tributar en Galiza”.

Nós, explicou  a candidata nacionalista, “queremos unha facenda galega para que empresas como Inditex ou Citroën tributen no noso país e utilicemos eses recursos para redistribuílos e seren útiles para blindar servizos públicos, crear emprego e mellorar as condicións de vida das galegas e galegos”.

En Marea denuncia a Alberto Núñez Feijóo ante a Xunta Electoral Central

O acto foi anunciado por medios de comunicación e nel se anunciaba un proxecto e a súa correspondente inversión na última semana da campaña electoral na que concorre o candidato do PP. En Marea entende que ese acto e a difusión que del fixo o Partido Popular vulnera o previsto no art. 50.2 da actual Lei Electoral ao tratarse dun acto cun marcado acto político que ten unha clara intencionalidade electoral.
 

En Marea denuncia que o Goberno en funcións pretende abrirlle ás portas á acuicultura industrial

En Marea vén de solicitar a comparecencia urxente da Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que explique por que razón un Goberno en funcións está a tramitar o borrador de Real Decreto para a Ordenación do Espazo Marítimo, unha norma que tería un impacto moi negativo no sector pesqueiro e marisqueiro, no ecosistema mariño das rías galegas e que ademáis vulnera competencias autonómicas claras sobre augas interiores, marisqueo e acuicultura.
 

Íñigo Errejón desembarca en Pontevedra con En Marea

Unha ateigada praza da Peregrina acolleu o encontro coa cidadanía de En Marea hoxe pola mañá en Pontevedra. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, destacou a presenza do deputado de Podemos, Íñigo Errejón, no encontro de Pontevedra porque “aínda que falemos linguas distintas defendemos o mesmo, presumimos de Íñigo como onte presumimos de ter con nós a Ada Colau e esta semana teremos a moitos máis apoiando este proxecto baseado na unidade na defensa da xente. Outros pasean en iate ou suben a escenarios con acosadores como Baltar“.
 

Temas: 

Páginas