La Tienda Republicana

Galicia

Alexandra Fernández deixa claro o non de En Marea a Rajoy e acúsao de vivir "fóra da realidade"

Alexandra Fernández realizou esta tarde no Escritorio da Cámara unha avaliación do discurso de Rajoy após a súa intervención censurando o seu exercicio de autocomplacencia e acusándoo de “vivir fóra da realidade”.  

A portavoz de En Marea no Congreso afirmou que “hoxe vimos de Rajoy dúas mensaxes claras: todo vai ben, aquí non pasou nada, a crise foi algo que se resolveu fugazmente grazas á súa ación de goberno, e polo tanto, tratando de negar unha realidade social que está fora  deste Parlamento”.

Temas: 

Luís Villares: “En Marea representa o fin do caciquismo e da corrupción que alimenta a coalición Baltar-Feijóo”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, asegurou que En Marea non escolleu Ourense, “o centro do caciquismo” para traer un remedio contra el, “estamos aquí para lles comunicar que vai tocando fin”. “O caciquismo, a corrupción non son casos puntuais, non son casos illados, o caciquismo é corrupción e a corrupción non é unha dexeneración, non é unha forma de goberno” salientou. No caciquismo non existe democracia, non representa os intereses da cidadanía pero tamén é non contar con ninguén á hora de gobernar.

Temas: 

Luís Villares presenta as propostas de En Marea para a Costa da Morte fronte á morea de promesas incumpridas do PP

Entre as propostas de En Marea para a Costa da Morte, o candidato á presidencia destacou o remate do remate da autovía Carballo-Cee e a súa conexión co porto de Brens de carácter estratéxico para esta comarca; o saneamento integral da ría de Corcubión; establecer un plan de incentivos para o establecemento no parque industrial de Cee e Vimianzo; ou a declaración do Monte Pindo como parque natural e a súa inmediata reforestación.

Luís Villares: “Esta Marea é un país erguéndose para conquistar o seu futuro”

“A outros gústalles moito a uniformidade, eles son uniformes e impoñen o silencio, dentro e fóra. O poder sen control é o que lles gustaría a eles. Nós nacemos para rachar con este tempo de silencio, amargo, como describira Martín Santos. Nós temos a forza da razón, a forza da ilusión, a forza do compromiso” sinalou Luís Villares.

AGE insta á reapertura a pleno rendemento do Hospital do Meixoeiro

A deputada de AGE e número 3 da candidatura de En Marea pola provincia de Pontevedra, Eva Solla, acompañou en sinal de apoio ás súas reivindicacións, aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega dun total de 50.000 sinaturas coas que se insta ao Goberno da Xunta de Galicia a restaurar os servizos do hospital para que funcione ao 100 por cen despois de ser minguado tras a apertura do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

En Marea celebra unha xornada de traballo en Santiago de Compostela

Durante as últimas semanas lembrou Villares visitou moitos lugares do noso país para explicar quen era, que pensaba e que sentía pero sobre todo a escoitar, a aprender, pero tamén encherse de ilusión, de sorrisos, de miradas que comparten os mesmos desexos. “Hoxe estades aquí como dignas representantes de toda esa xente, hoxe nós temos a responsabilidade de non fallar aos que confían neste proxecto, hoxe nós representamos a fundada esperanza da xente do común. Non están detrás nosa, están ao noso lado” afirmou o candidato á presidencia.

Temas: 

Páginas