La Tienda Republicana

Galicia

Luís Villares: “Queremos unha mar viva na que sexan compatibles todos os intereses e todos os valores da ría, ambiental, social e económico”

O candidato á presidencia de En Marea denunciou a actuación do goberno de Núñez Feijóo estes últimos anos, con especial incidencia en Pontevedra e Vigo, e a imposición de políticas coas que demoleu a sanidade pública. Neste sentido, Luís Villares anunciou que En Marea recuperará o hospital Álvaro Cunqueiro para mans públicas como primeira medida a levar a cabo tras a chegada de En Marea ao goberno da Xunta de Galicia.  

Temas: 

Arantxa y José Antonio: 24 horas de dignidad

La pareja que ha pasado 24 horas acampada en la céntrica Farola de Vigo recibió un cálido afecto por parte de muchas personas que pasaron y se pararon a leer los carteles que estaban a la entrada de la tienda de campaña. Todos ellos reivindican el derecho que les ha sido negado durante once largos meses: el derecho a una vivienda digna.

Luís Villares: “Feijóo dinamitou a sanidade pública galega causando moitísimo sufrimento á xente”

Tras o encontro Luís Villares asegurou que “Feijóo é a dinamita da sanidade pública galega” xa que “destruíu completamente o sistema sanitario público causando moitísimo sufrimento á xente, que deixou de recibir tratamentos ao que tiña dereito, que padece listas de espera”. “Desde En Marea queremos transmitir a garantía do dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao servizo.

Alexandra Fernández deixa claro o non de En Marea a Rajoy e acúsao de vivir "fóra da realidade"

Alexandra Fernández realizou esta tarde no Escritorio da Cámara unha avaliación do discurso de Rajoy após a súa intervención censurando o seu exercicio de autocomplacencia e acusándoo de “vivir fóra da realidade”.  

A portavoz de En Marea no Congreso afirmou que “hoxe vimos de Rajoy dúas mensaxes claras: todo vai ben, aquí non pasou nada, a crise foi algo que se resolveu fugazmente grazas á súa ación de goberno, e polo tanto, tratando de negar unha realidade social que está fora  deste Parlamento”.

Temas: 

Luís Villares: “En Marea representa o fin do caciquismo e da corrupción que alimenta a coalición Baltar-Feijóo”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, asegurou que En Marea non escolleu Ourense, “o centro do caciquismo” para traer un remedio contra el, “estamos aquí para lles comunicar que vai tocando fin”. “O caciquismo, a corrupción non son casos puntuais, non son casos illados, o caciquismo é corrupción e a corrupción non é unha dexeneración, non é unha forma de goberno” salientou. No caciquismo non existe democracia, non representa os intereses da cidadanía pero tamén é non contar con ninguén á hora de gobernar.

Temas: 

Páginas