La Tienda Republicana

Galicia

Rafa Cuiña: "Ninguén vai quedar sen luz nin auga por non poder pagalas"

Rafa Cuiña recalcou a aposta de Compromiso por Galicia e do seu goberno municipal polas políticas sociais. O rexedor resaltou o acordo que o Concello de Lalín promoveu e negociou coas empresas proveedoras de auga e electricidade. “En Lalín ninguén vai quedar sen luz ou sen auga por non poder pagalas. Esa é a nosa política. A política de Compromiso por Galicia. Compromiso é o partido ao que hai apoiar o 25 de setembro se Galicia quere apostar por un goberno responsable e galeguista”.

Luís Villares: “En todas as provincias temos probas da miseria moral e política de Feijóo e o seu goberno que provocou sufrimento na xente co único obxectivo de cumprir coa Troika”

O candidato á presidencia da Xunta falou do engano a que foi sometida á cidadanía a quen se lle convenceu de que non había alternativas a comprar unha vivenda e ninguén nos desenganaba e os que si advertían da burbulla inmobiliaria os acusaban de non saber do que falaban.  Un engano para poder continuar facendo negocio e aumentando o prezo das vivendas.

Temas: 

En Marea participou esta mañá na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario do PP

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos, e os candidatos e candidatas Marcos Cal, Eva Solla, Juan Merlo, Julia Torregrosa e Carlos Meixome, participaron esta mañá na manifestación romaría convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do noso sistema sanitario público atacado polo goberno de Núñez Feijóo a través das privatizacións e os continuos recortes.
 

En Marea impulsará o sector do mar en clave de cooperación e corresponsabilidade

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia puxo en valor a unidade dos mariñeiros do cerco, así como dos do mexillón e o marisqueo, grazas a que lograron parar a lei de acuicultura de Núñez Feijoo e Rosa Quintana coa que pretendía acabar coas nosas rías. Ao contrario do que se fixo, En Marea establecerá un marco de diálogo cos mariñeiros, armadores, patróns, e demais axentes implicados para abordar o futuro do sector.

Temas: 

En Marea fai un chamamento á cidadanía a participar na manifestación convocada en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario público

Fronte aos ataques de Feijóo que busca dinamitar a nosa sanidade pública galega, desde En Marea apostan por garantir o dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao sistema sanitario público no noso país. Así, unha das prioridades de En Marea tras a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro será recuperar para o control público toda a sanidade que foi destruída e privatizada polo goberno de Núñez Feijóo.

Temas: 

CxG propón reformular as funcións da Real Academia Galega

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Xoán Bascuas, e o candidato pola Coruña, Xavier Alcalá, defenderon a necesidade de revisar as funcións da Real Academia Galega, para potenciar a defensa do idioma galego. “Queremos promover un debate amplo e sereno sobre a Real Academia, porque o idioma necesita de mecanismos de defensa e de promoción, e unha institución máis crítica cos ataques sistemáticos dunha administración galega dirixida desde Madrid” -afirmaron-.

Páginas