Xornadas arredor da escritora Syra Alonso: kiosko Alfonso da Coruña, 6 e 7 de novembro
- As Xornadas arredor da escritora Syra Alonso reunirán o venres 6 e o sábado 7 de novembro unha vintena de escritores, investigadores, tradutores, artistas e especialistas para analizar a vida e a obra da escritora.
- Unha serie de actos pon de relevo a figura de Syra Alonso, a escritora coruñesa que faleceu no exilio en México .

Organizadas pola Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica ( ARMH) coa colaboración da Deputación, Concello da Coruña e a editorial Alvarellos.
A figura de Syra Alonso (1899–1970), coruñesa, compañeira do pintor de vangarda Francisco Miguel e exiliada en México tralo asasinato deste en 1936, será obxecto das Xornadas que se celebrarán no kiosko Alfonso da Coruña, os días 6 e 7 de novembro.
Estas Xornadas coinciden coa publicación, por parte de Alvarellos Editora, da obra de Syra Alonso El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945) Unha parte destas Memorias viu a luz en galego no ano 2000 (con reedición en 2025 por Alvarellos Editora). Agora é editada co recenté achado en México, por parte de Conrado J. Arranz Mínguez, de novos e valiosos manuscritos.



PROGRAMA
Venres 6 de novembro
18:00 h · 1ª mesa. Coordina: Consuelo Bautista.
- Carme Vidal, O regreso do exilio dos Diarios de Syra Alonso.
- Nerea González, Como seguimos despois do vivido? Unha mirada de Syra Alonso dende a psicoloxía.
- Anxos Sumai, A lingua e a tradución das memorias de Syra Alonso.
- Tono Correa Corredoira, Syra, manancial de sombras.
19:00 h · 2ª mesa. Coordina: Cristina González Novoa.
- Olivia Tudela, Syra Alonso e a Coruña de vida e morte.
- Olga Patiño, O poder da luz nos Diarios de Syra Alonso.
- Rosario Mascato, O percurso lisboeta de Syra Alonso cara ao exilio.
- Yirel de la O Molina, Claves para una lectura afectiva de las memorias de Syra Alonso.
Sábado 7 de novembro
11:00 h · 3ª mesa. Coordina: Jorge Calle.
- Xavier Seoane, A transcendencia da testemuña persoal e histórica de Syra Alonso.
- María Valcárcel, Los diarios de Syra: un acto de afirmación de la dignidad humana.
- Olga Novo, As subalternas da cáscara amarga a través de Syra Alonso.
- Ramón Nicolás, Algunhas claves dos relatos de Syra Alonso nos seus Diarios.
- Miguel Anxo Fernán Vello, Syra Alonso, memoria e literatura.
12:00 h · 4ª mesa. Coordina: Carmen Rodeja.
- Inmaculada Otero, Narradora e protagonista. O eu literario das memorias.
- Cesáreo Sánchez Iglesias, Syra e a casa da felicidade.
- Olga Mahía, O latexar das marxes.
- Conrado Arranz, Syra Alonso, una escritora en movimiento
Sobre Syra Alonso
Syra Alonso nace na Coruña en 1899. Vinculada aos ambientes artísticos da cidade, uniu a súa vida á do pintor de vangarda Francisco Miguel, con quen tivo tres fillos. Tralo golpe militar de 1936, Francisco Miguel foi detido e asasinado en setembro dese ano, e Syra Alonso viviu a persecución e o illamento en Galicia —o chamado insilio— ata exiliarse en México cos seus fillos. Alí, á marxe dos círculos intelectuais do exilio republicano, rematou unhas memorias que hoxe se consideran un dos testemuños máis intensos da represión franquista en Galicia, polo seu valor documental e pola súa enorme calidade literaria. Finou en 1970.
