Redacción •  Galicia •  31/07/2025

Aldea Viva desmárcase da moción de censura en Touro e desenmascara o oportunismo de Darío Rey

  • Comunicado Asociación Sociocultural Medioambiental Aldea Viva.
Aldea Viva desmárcase da moción de censura en Touro e desenmascara o oportunismo de Darío Rey

A asociación sociocultural e medioambiental Aldea Viva, en referencia a moción de censura no concello de Touro, apoiada polo concelleiro Darío Rey Suárez baseandose na problemática da contaminación ambiental causada pola mina de Touro, manifesta que:

Esta asociación, iniciadora de algúns dos procesos xudiciais aos que fai referencia o dito concelleiro, non entende tan repentino interese. Cando no seu día, se tivo que recurrir a axudas dos veciños e veciñas para reunir a cuantía das fianzasa contribución deste concelleiro foi de CERO euros, a pesar de ter coñecemento delo.

Así mesmo, opoñémonos rotundamente a que calquer organismo público, neste caso o concello de Touro, se persoe como acusación particular, en causas xudiciais non iniciadas por eles. Inda menos, e neste caso, unha administración gobernada por un partido que manifestou en reiteradas ocasións o seu posicionamento con respecto a problematica medioambiental causada pola mina de Touro, e as súas posibles “solucións”.
Consideramos que a solución á problemática medioambiental creada pola mina de Touro, non está na creación dunha Comisión Ambiental sen capacidade resolutoria, nin nos posibles intereses particulares, se non na loita colectiva da veciñanza.


mina de Touro /