A Cámara mineira oficial de Galicia condenada a devolver importe subvencións non xutificadas
- Tras as denuncias de Ecoloxistas en Acción por irregularidades na xestión de fondos públicos, a Cámara Mineira foi esixida a reintegrar o importe da subvencion de xeito inmediato por non ter presentado a documentación solicitada e ao non xustificar o cumprimento das condicións requeridas.

A Cámara Oficial mineira de Galicia obtivo en 2023 financiación a través da sinatura dun Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, presidida daquela pola actual Conselleira de Economía e Industria. Financiamento público para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PERTE), financiado pola Unión Europea.
A realización das accións formativas do convenio foi motivo de denuncia ante a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Consellería de Emprego e Igualdade, interposta por Ecoloxistas en Acción ao ter constancia de varias irregularidades na súa xestión dos fondos realizada pola Cámara mineira oficial de Galicia. Irregularidades que suporían o incumplimento dos requisitos de execución do convenio entre a Cámara mineira e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A denuncia destes feitos interposta pola organización ecoloxista ocasionou a apertura dun expediente de auditoria en 2024 sobre a xustificación dos 192.150 € que figuraban no convenio asinado entre a Cámara e a Consellería.
Ecoloxistas en Acción ven de recibir notificación da conclusión do proceso de inspección, que tivo como resultado requerir á Cámara Mineira o reintegro da subvencion de xeito inmediato. Unha vez realizadas as comprobacións dos feitos, a Cámara mineira non presentou a documentación esixida nos requerimentos e non poido xustificar o cumprimento das condicións estipuladas no convenio coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Ecoloxistas en Acción sinala que a Cámara mineira oficial de Galicia é parte do lobby dun sector industrial extractivista negacionista cos impactos ambientais que ocasiona e que non amosa ningún respecto á veciñanza dos territorios nos que opera. “A Xunta de Galicia ten que ser moi rigurosa cando entrega diñeiro público a este tipo de organismos privados, porque senon pode semellar que se está financiando espureamente ao lobby extractivista”, declaran desde a organización ecoloxista.