Redacción •  Galicia •  22/04/2025

Pensionistas da CIG convocan mobilizacións por unha atención adecuada á dependencia

Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG convoca concentracións en Culleredo, Ourense, Ferrol, A Estrada, Ames, Redondela e Viveiro o vindeiro xoves, día 24 de abril, en demanda dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que garanta unha atención digna ás persoas en situación de dependencia.

Pensionistas da CIG convocan mobilizacións por unha atención adecuada á dependencia

A atención á dependencia é unha cuestión urxente en Galiza. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF), esencial para cubrir as necesidades das persoas dependentes, atópase desbordado pola falta de recursos e unha xestión insuficiente. Por iso o colectivo demanda:

  • Xestión pública directa do SAF por parte da Xunta de Galiza, eliminando a privatización que precariza o servizo.
  • Incremento de persoal para atender a crecente demanda, garantindo unha cobertura adecuada.
  • Mellora das condicións laborais e salariais das traballadoras do SAF, recoñecendo o seu labor esencial.

Mobilizacións

As concentracións realizaranse simultaneamente en varios concellos, co seguinte horario:

  • Culleredo: Concello de Culleredo, 11:00 h
  • Ourense: Concello de Ourense, 11:30 h
  • Ferrol: Concello de Ferrol, 12:00 h
  • A Estrada: Concello da Estrada, 11:30 h
  • Ames: Concello de Ames, 11:00 h
  • Redondela: Concello de Redondela, 11:00 h
  • Viveiro: Concello de Viveiro, 11:30 h

pensiones /