Redacción •  Galicia •  21/09/2025

Esquerda Unida condena o ataque ao centro de acollida de menores migrantes acontecido esta pasada noite en Monforte de Lemos

  • Esquerda Unida cualifica esta acción como un ataque xenófobo e racista. “Isto non fai máis que poñer nunha situación de total vulnerabilidade á mocidade migrante que nin tan sequera ten chegado a Galicia” apunta Lino Costas, Coordinador Nacional de EU.
Esquerda Unida condena o ataque ao centro de acollida de menores migrantes acontecido esta pasada noite en Monforte de Lemos

“Meter a todas as crianzas nun centro de Monforte supón unha clara falla de integración“ sinala Lino Costas, xa que, segundo Esquerda Unida, isto provoca que “non poidan acceder a diferentes recursos de formación e emprego no conxunto de Galicia e non nun mesmo lugar”, creando así esa idea de gueto, “tal e como queda amosado nas declaracións do candidato de VOX, afirmando que esta situación vaille xerar votos” engade Costas.

O ataque aconteceu aos poucos días de inaugurar o centro, “non sabemos quen foi pero todo apunta a algún tipo de organización de ultradereita que non necesariamente é de Monforte” apunta o Coordinador Nacional.

“É preciso facer unha reflexión colectiva sobre se este e o xeito e o lugar no que queremos dar acollida a estes mozos e mozas” conclúe o Coordinador Nacional de EU.


extrema derecha /