La Tienda Republicana

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións feministas o vindeiro luns 25-N, Día contra a Violencia Machista

22/11/2019

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas diferentes mobilizacións convocadas polo movemento feminista no Día contra a Violencia Machista, o vindeiro luns 25 de novembro. Este ano saímos ás rúas para poñer o foco en que, dende 2003, xa chegamos ás mil asasinadas por terrorismo machista, cifra que aumenta con todas as mulleres que foron asasinadas por homes que non eran nin as súas parellas nin ex-parellas, só polo feito de ser mulleres.

“Se ben recentemente vivimos unha contundente resposta social da man do movemento feminista organizado, plural, subversivo, e anticapitalista, que saíu ás rúas na defensa dos seus dereitos; tamén observamos preocupadas como o feminismo segue moi ameazado polo ascenso da ultradereita”, explica Raquel Bernárdez, responsable da Área da Muller de Esquerda Unida.

Bernárdez incide en que “partidos da ultradereita demostran unha gravísima irresponsabilidade con iniciativas políticas que lexislan contra as mulleres, o colectivo LGTBI ou as mulleres migrantes. Polo que é importante traballar para avanzar dende a solidariedade e a diversidade, desde as rúas, as institucións e a cultura. Neste último aspecto, vemos moi necesario seguir a reivindicar que as institucións asuman a súa responsabilidade na loita contra as violencia machista”, remata.

Por todo iso, dende Esquerda Unida apoiamos as mobilizacións organizadas en Galicia este 25 de novembro para reivindicar unha sociedade libre de violencia machista.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia; Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida e Raquel Bernárdez, responsable da Área da Muller de EU, estarán nas seguintes localizacións:

EVA SOLLA, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia.

RUBÉN PÉREZ, secretario de Organización de Esquerda Unida.

Lugar: Saída dende Urzáiz, cruce con Vía Norte (Vigo).

Hora: 20 h.

---

RAQUEL BERNÁRDEZ, responsable da Área da Muller de EU.

Lugar: Praza 8 de Marzo (Compostela).

Hora: 20h.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.