La Tienda Republicana

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións contra o Golpe de Estado en Bolivia e de apoio ao pobo boliviano

20/11/2019
  • A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, e o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, participarán mobilización de Vigo.20.30 horas.
  • 20.30 horas, Xoves, 21 de novembro. Praza da Princesa (Vigo).

Compostela, 20 de novembro de 2019. Dende Esquerda Unida sumámonos e chamamos a participar nas mobilizacións que terán lugar por toda Galicia, de apoio ao pobo boliviano, a prol da lexitimidade do partido Movimiento Al Socialismo (MAS) e do goberno lexítimo de Evo Morales como presidente.

Dende Esquerda Unida denunciamos e condenamos o Golpe de Estado en Bolivia, reclamando o cese inmediato da violencia e a represión. Tras este golpe, están os intereses dunha dereita vinculada e dirixida pola oligarquía tradicional e grupos integristas relixiosos, que non tiveron ningún reparo en desatar unha tremenda violencia no país para lograr a dimisión de Evo Morales e impedir a continuidade da democracia.

Ante a gravidade destes acontecementos, Esquerda Unida expresa a súa firme condena ao Golpe, así como a persecución, violencia fascista e asasinatos que están a levar a cabo os golpistas e esixe o cese inmediato da represión e da violencia. Por iso, dende Esquerda Unida chamamos a encher as rúas e participar nestas concentracións galegas o xoves 21 de novembro.

 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.