Redacción •  Galicia •  23/10/2019

Ante a denuncia agresión machista na USC

 Dende Esquerda Unida consideramos que ningunha persoa dedicada á formación e á transmisión de valores, que continúa mantendo unha actitude machista a pesar da sanción imposta, e segue a perpetuar a desigualdade social, non pode impartir docencia.

Ante a denuncia agresión machista na USC

FÓRA O MACHISMO DA UNIVERSIDADE. ESIXIMOS A INHABILITACIÓN DE LUCIANO MÉNDEZ COMO DOCENTE DA UNIVERSIDADE PÚBLICA

(Compostela 23/10/2019) O machismo está presente en todas as facetas da vida diaria. Onte a Universidade volveu ser o espazo dun comportamento machista e misóxino intolerable por parte do profesor Luciano Méndez, quen voltou a reincidir en agresións machistas con comentarios sobre a maneira de vestir dunha alumna faltándolle o respeto.

Dende a Área da Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez esixe a “inhabilitación deste docente con antecedentes en condutas machistas que atentan contra a educación en valores de igualdade e respeto entre mulleres e homes”. Xa no ano 2016 foi sancionado pola universidade con dous meses de suspensión por feitos similares e no 2018 colgou nas redes sociais uns vídeos con declaracións misóxinas nos que denigraba a vítima da Manada e pedía a absolución dos cinco agresores.

 Dende Esquerda Unida consideramos que ningunha persoa dedicada á formación e á transmisión de valores, que continúa mantendo unha actitude machista a pesar da sanción imposta, e segue a perpetuar a desigualdade social, non pode impartir docencia.

Debemos erradicar e condenar con contundencia estas actitudes machistas para evitar o risco de que se “normalicen” este tipo de situacións como semella que está a acontecer con Luciano Méndez.


Esquerda Unida /  violencia machista /