La Tienda Republicana

O Concello de Ourense nin cumpre nen fai cumprir a Ordenanza Municipal de Limpeza de Terreos e Solares e de Protección contra Incendios Forestais

13/09/2019

No mes de agosto do ano 2018 e no mes de xullo deste ano, Amigos da Terra presentou denuncia ante o consistorio sobre a limpeza da maleza e silvas  no solar detrás da gasolineira do 21 cerca das casas da rúa río Casaio, e chegando ata o camiño real, e tamén advertindo de que esta zona podía supoñer un grave e perigoso risco de incendio.

Concello de Ourense / Wikimedia commons
A entidade manifestou que a proliferación deste tipo de situacións non controlados, constitúen un dos grandes e reiterados problemas ambientais que se producen no rural galego, e que que puideran devir nunha grave situación para o medio ambiente e para a saúde das persoas.
 
Amigos da Terra indocou ante o Concello que as persoas propietarias de fincas e montes teñen a obriga de tomar as medidas recollidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,  así como tamén ven reflexado na ordenanza de limpeza de terreos e solares e de protección contra incendios forestais do Concello de Ourense. Por último, recordou que os donos dos terreos deben responsabilizarse proporcionando un mantemento adecuado á finca, isto é limpeza  e deberán mantelos rozados e limpos na súa totalidade e peche.
 
A ONG ecoloxista que o propio concello de Ourense ten a obriga da xestión e inspección da súa propia ordenanza municipal de limpeza de terreos e solares e de protección contra incendios forestais, que nin cumpre nin tampouco fai cumprir.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.