La Tienda Republicana

Amigos da Terra alerta da contaminación por cianobacterias no encoro das Conchas

21/08/2019

O encoro de As Conchas volve tinguirse de verde nesta tempada estival, rexistrando un considerable empeoramento da súa calidade da auga e contando coa presencia alarmante de cianobacterias, segundo a última analítica realizada o 19 de agosto. 

Contaminación derivada da presenza de cianobacterias no Encoro das Conchas / YOUTUBE
Na ultima semana producíase un “bloom” de cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, máis horas de luz solar e un exceso de nutrientes, principalmente nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen as cianobacterias, e consecuentemente afectando á salubridade e o estado sanitario das augas.
 
Na zona de Portoquintela, no concello de Bande, alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3, no que o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben cuantifícanse toxinas nas análises realizadas ou detéctanse espumas e natas de cianobacterias en áreas onde pode existir contacto directo cos bañistas e/ou existe risco de inxestión/aspiración.
 
Estes resultados son indicativos dunha alta probabilidade de efectos adversos para a saúde. A presenza de natas e espumas xeradas por cianobacterias é un indicador de potencial risco de efectos severos para a saúde para as persoas que tomen contacto con estas, polo que estaría prohibido bañarse nin realizar actividades acuáticas na zona de Portoquintela.
 
Dende Amigos da Terra manifestan que estes episodios recorrentes de contaminación por cianobacterias "non se solucionan se non se atalla a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia". Así mesmo indican que nun informe recente realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica tamén alerta do risco de contaminación por nitratos que existe nas aguas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.