La Tienda Republicana

Eva Solla: “Un de cada tres nenos e nenas de Galicia sofre de sobrepeso e obesidade infantil”

12/07/2019

Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, esixiu esta mañá na Comisión de Sanidade a elaboración, xunto a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), un plan para abordar a situación de problemas nutricionais na infancia e na adolescencia, poñendo énfase “na retirada de comida lixo dos centros escolares e a revisión de menús escolares nos centros públicos” coa fin de poñer freo á obesidade infantil, asociada ás  enfermidades crónicas, ás cardiovasculares, ás psicolóxicas ou á diabetes.

A deputada explicou que tanto en España como en Galicia sufrimos un problema de malnutrición “debido ao abandono de hábitos beneficiosos, como a dieta Atlántica”. Tal e como lembrou Solla, “dende fai anos, falamos de abrir os comedores escolares en verán ou de tomar medidas ante o aumento da pobreza e o que isto pode afectar á infancia”. En 2013, a Xunta presentou o Plan Xermola, un plan “moi criticado, xa que non recollía medidas relacionadas á alimentación e á pobreza”.

Segundo sinalou Solla, “os estudios da Enquisa de Condicións de Vida (do INE) falan de que un 3,3% da poboación española non pode permitirse tomar unha comida con carne, polo ou peixe cada dous días, un porcentaxe que se eleva, en menores de 16 anos ata o 4,2%”, dixo Solla.

“Segundo os últimos datos publicados pola Enquisa Nacional de Saúde de España, en Galicia un 34,6% de nenos e nenas sofren de sobrepeso e obesidade infantil, o que fai que nos situemos por riba da media española como unha das comunidades nas que máis incide esta enfermidade”, dixo. Hai que ter en conta que a obesidade debe ser tratada dende diferentes puntos de vista, tanto a nivel sanitario como no ámbito sociocultural, no que cada vez se está a evidenciar máis que o risco de sufrir obesidade “vén marcado polas condicións materiais de vida, sendo o empobrecemento un factor determinante na alimentación”, remarcou a deputada.

“Seis anos despois da aprobación do Plan Xermola, os datos non melloran e a Xunta de Galicia non fai un balance e unha avaliación sobre o grao de cumprimento do Plan e a incidencia do mesmo”, apuntou a deputada, todo isto nun contexto no que as consecuencias dos recortes sanitarios comezan a facer estragos no propio sistema.

Por todo isto, Solla esixiu un plan para abordar estes problemas tan serios de nutrición que camiñan da man da pobreza, “polo que propoñemos levalo a cabo coa FEGAMP, xa que os concellos coñecen mellor a problemática de cada familia e moitos xa xestionan os comedores escolares”, apuntou.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.