La Tienda Republicana

Aprobada por unanimidade a iniciativa de Eva Solla para promover a regulación de funcións do persoal técnico de enfermería actualizando e adaptando a normativa á realidade actual

30/05/2019

O Pleno do Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade a iniciativa levada a cabo pola deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, que “insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central que o Consello Interterritorial de Saúde estude a regulación de funcións das e dos técnicos de enfermería, adaptando a normativa á realidade actual”, un elemento que Solla cualifica de “xustiza”, xa que é importante “que as administracións se impliquen para defender os dereitos do persoal sanitario”.

A Organización Mundial da Saúde leva advertindo dende o ano 2000 da necesidade de avanzar nunha axeitada distribución das tarefas entre as e os profesionais sanitarios, unha cuestión que non tivo unha aplicación global en España e que actualmente produce un déficit en relación ao recoñecemento e formación de determinadas titulacións, como pode ser a do persoal técnico en Coidados de Enfermería. “No ano 2005, o Instituto Nacional de Cualificacións, emitiu un informe no que consideraba que debía aumentar un nivel de cualificación, pasando do nivel 2 ao nivel 3, ao considerar que dita formación profesional require da competencia dun conxunto de actividades profesionais que precisan dun dominio de diversas técnicas”, apreciou Solla.

Concretamente, con esta iniciativa se persigue reclamar o recoñecemento da categoría profesional do persoal técnico sanitario galego, sen actualizar desde 1973, así como actualizar as súas competencias. “A evolución desta titulación atópase estancada tomando de referencia para a súas función unha norma do ano 73 que non foi adaptada á realidade actual e que está a quedar totalmente obsoleta”, explicou Solla.

Grazas a esta iniciativa se insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno Central que revise a regulación das funcións das e dos profesionais técnicos sanitarios para adaptar a normativa vixente e estude a regulación de funcións das e dos técnicos de enfermería, adaptando a normativa á realidade actual, polo que as súas funcións estarían actualizadas e se subiría o nivel de cualificación do título profesional.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.