La Tienda Republicana

Eva Solla e Olga Santos destacan en Cambre a necesidade de evitar que se antepoñan as necesidades da banca ás da veciñanza

16/05/2019

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, participou no mitin de Cambre, xunto á candidata á alcaldía de Cambre, Olga Santos, o número dous da candidatura, Roberto Tejedor e a número tres, Loreto Taibo, que falaron da importancia de poñer no centro políticas para mellorar a vida da xente, non dos bancos.

Eva Solla sinalou que se sinte “arroupada” nun concello que é “como a súa casa”. “Síntome orgullosa de apoiar unha candidatura que herda o traballo de Esquerda Unida feito nos últimos anos”, dixo. “Non existe un plan elaborado coa veciñanza, senón que se fai unha contratación dunha empresa para levar a cabo un PXOM inexistente polo momento e nada participativo. Ao contrario, o que temos é un serio problema para que a xente poida acceder a unha vivenda digna. Precisamos políticas para a xente que garantan, por exemplo, a posibilidade das persoas de ter unha vivenda pública”.

Olga Santos, candidata á alcaldía por EU Son Cambre, sinalou que “con pancartas e paseos non se solucionan os problemas. Hai que plantarse, dar a cara e, como estamos a facer, pedirvos que nos permitades gobernar, que confiedes no noso proxecto para o Concello”. “Cambre retrocedeu a como estaba en 2015: temos á xente desatendida, sen vivenda digna e o edificio da Patiña sen servizos básicos para que a xente se vaia e que deixen as súas vivendas. Nós levamos propostas dende fai anos para atallar este problema da vivenda, dun goberno ao servizo da banca, non das persoas”, resaltou. 

“No saneamento non se fixo nada, o que é unha inmoralidade. Por iso non nos gusta este goberno. E porque temos concelleiros en Cambre que non presentaron propostas, senón que se dedicaron a levarse o diñeiro da veciñanza. Este Goberno non nos gusta: temos a xente pasando necesidades á que se lle denega axuda social”, apuntou.

Por último, Santos destacou que “o comercio que se crea no barrio revirte no barrio”, polo que reiterou a súa negativa á recalificación “dunha parcela de 47.000 metros cadrados para a construción dun centro comercial”, unha iniciativa que cualificou de “pelotazo”. “Queremos un Cambre diferente, que desterre as políticas caciquís e que acolla un Cambre novo, con políticas propostas dende o corazón”, rematou.

Roberto Tejedor, candidato número dous da candidatura de EU Son Cambre, sinalou que coñece Cambre “cando non existía este paseo no que estamos hoxe”. “Nós non queremos recalificacións como o que se pretende facer co Graxal, senón que queremos políticas para o pequeno comercio, iniciativas baseadas no diálogo cos comerciantes e coas asociacións, así como escoitar ás persoas que se dedican á hostalaría. Tamén precisamos políticas para que as mozas e mozos poidan ter unhas vivendas dignas, é dicir, ter políticas por e para a veciñanza”, precisou.

A candidata número tres da candidatura EU Son Cambre, Loreto Taibo, sinalou que este e o “grupo capaz de levar a voz da veciñanza de Cambre ao resto das institucións sen que ninguén os compre”. “Corrupción é que se paralicen obras para primar o interese do concelleiro de turno por riba do beneficio da veciñanza. Nós levamos anos demostrando que o compromiso non se compra”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.