La Tienda Republicana

Ferrol en Común reúne ás candidaturas municipalistas de esquerda para falar sobre as políticas volcadas nas necesidades da cidadanía

14/05/2019

O centro Cívico de Caranza acolleu o acto de Ferrol en Común que levaba por título “Conversas en Común”, presentado por Xiana Penedo, a candidata número dous por Ferrol en Común, xunto ás persoas alcaldables das candidaturas municipalistas, así como o voceiro de Anova, Antón Sánchez, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla e Jorge Suárez, alcalde de Ferrol e candidato á alcaldía por Ferrol en Común.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, resaltou que se sentía “contenta”, xa que “os resultados que imos ter van reforzar o traballo que se fixo neste tempo e, nos sitios que non gobernamos, imos ter a oportunidade de entrar”. “Falaba Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos, sobre os obstáculos que teñen os gobernos de esquerda”, pero aínda por riba diso, “temos que reclamar a necesidade de ter fondos, de entenderse para superar eses paos nas rodas e poñer en marcha proxectos moi necesarios para os municipios da esquerda”.

Respecto ás Eleccións Europeas, Solla sinalou que “as decisións que se teñen tomado nos últimos anos dende a Comisión Europea condicionaron a economía de Galicia e de España e se reflectiron nos recortes, polo que temos que recuperar a soberanía dos estados membros e da capacidade de defender as necesidades do noso país en temas tan básicos como a industria e a agricultura. Non se poden facer deslocalizacións: que se vaian as empresas de Galicia e que aquí non pase nada. Queremos manter noso traballo”.

Tamén Jorge Suárez, alcalde de Ferrol e candidato á alcaldía por Ferrol en Común, sinalou que “estes catro anos foron intensos e complexos, de moito traballo e de loita contra, incluso, os poderes que non foron votados. Pero o importante e o traballo feito, en cultura, en políticas de benestar, en servizos sociais...”.

Jorge Suárez destacou tamén “a fraternidade das veciñas e veciños respecto ao traballo feito ata agora”. “Este é un novo ciclo e, se algo aprendimos, é que Ferrol en Común está máis unido que nunca: todo o traballo se fai de forma conxunta, coa cabeza e o corazón á esquerda”, dixo.

“Estas eleccións teñen unha dicotomía: un goberno de Ferrol en Común o do PP. Se queremos un goberno por e para a xente, esta é a nosa candidatura; se queremos unha  candidatura que implemente o copago ou os pelotazos inmobiliarios, temos ao PP”, apuntou. Por último, Suárez pechou sinalando que non concibe a vida sen “alegría, sen traballo e sen fraternidade e xenerosidade”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.