La Tienda Republicana

Esquerda Unida arranca a campaña cara o 26M coa ilusión de seguir a traballar dando voz á cidadanía e a esquerda nos municipios e en Europa

10/05/2019
  • Eva Solla: “Temos que afianzar aos concellos do cambio para que os nosos compañeiros e compañeiras poidan seguir sendo a voz da veciñanza, dos dereitos sociais e da esquerda”.
  • Vanessa Angustia: “É vital recuperar o tecido industrial que se veu prexudicado polas políticas da Unión Europea, así como recuperar un futuro para o noso país”.

Compostela, 10 de maio de 2019. Esquerda Unida arranca a campaña coa ilusión de seguir a traballar dando voz, dende a esquerda, á cidadanía tanto nos municipios como en Europa. A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, sinala que “iniciamos esta campaña das Municipais con moita forza e coa ilusión de crecer nos lugares nos que dende 2015 a esquerda municipalista do país está a traballar para ofrecer alternativas á veciñanza dos diferentes concellos para pular pola participación cidadá, polo acceso aos dereitos sociais básicos, polo acceso ao emprego, aos servizos públicos...”

A coordinadora nacional de Esquerda Unida sinalou que imos facer un traballo moi importante nesta campaña coa fin de “afianzar aos concellos do cambio para que os nosos compañeiros e compañeiras poidan seguir sendo a voz da veciñanza, dos dereitos sociais e da esquerda dentro das corporacións municipais”.

“Presentámonos a estas Eleccións Europeas co reto de conseguir unha Europa más xusta para os traballadores e traballadoras españois, que sexan do país que sexan, deben ter garantidos os seus dereitos sociais, os seus dereitos de participación política e os seus dereitos laborais. Temos outro reto aínda maior: recuperar o noso tecido produtivo, unha pesca, unha agricultura, unha gandeiria xusta para os nosos produtores”, sinala Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos cambiar Europa.

Neste senso, “temos que  recuperar o tecido industrial que se veu prexudicado polas políticas da Unión Europea e recuperar, ao fin e ao cabo, un futuro para o noso país. E todo iso o facémolo pensando nas persoas migrantes, que deben convivir coas galegas e galegos cos mesmos dereitos e condicións que nos facemos neste espazo”, remata a candidata ao Parlamento Europeo.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.