La Tienda Republicana

Aprobada por unanimidade a proposta de En Marea para a reconsideración dos coeficientes redutores das redeiras

06/05/2019
 
A Comision de Pesca do Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade a proposición non de lei de En Marea para que o Goberno central reconsidere os coeficientes redutores do colectivo das redeiras. A iniciativa foi defendida pola deputada Flora Miranda, para quen “existe unha clara fenda de xénero nas condicións laborais e salariais que prexudica as mulleres do mar. Especialmente ás redeiras”.
Demostración dunha parella de redeiras na localidade de Muros / Wikimedia commons
O infrarrecoñecemento das súas enfermidades profesionais,a ausencia de coeficientes redutores, os salarios por debaixo do mínimo interprofesional que impiden o desenvolvemento dunha vida autónoma,a ausencia de control de prezos mínimos e da economía submerxida e a baixa visibilidade e representatividade nos lugares de decisión (entre eles, as confrarías), foron algunhas das discriminacións laborais do colectivo, trasladado ao debate pola deputada Miranda, que lembrou que “en moitas ocasións as redeiras teñen que complementar a súa actividade con outros traballos remunerados”.
 
O colectivo de redeiras tamén cuestiona o descoñecemento por parte da Seguridade Social da dureza da profesión e as condicións laborais asociadas. “Elas son o único colectivo ao que aínda non se lle recoñeceran os coeficientes redutores”, cuestionou a parlamentaria de En Marea, antes de sinalar que se lle recoñeceron “ata aos administrativos das confrarías e non se lle escapa a ninguén que é unha desigualdade de xénero manifesta con respecto a outros traballadores.”
 
O Instituto galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) realizou un estudio epidemiolóxico sobre o estado de saúde de 112 redeiras galegas, do que se deduce que o 68% das redeiras refere patoloxías atribuibles á súa actividade pero soamente 52 estiveron de baixa por ese motivo.”Hai que ter en conta que as consecuencias maniféstanse tras deixar a profesión, con perda de mobilidade e agravamento da deterioración física”, sinalou Flora Miranda, que rematou a súa intervención reivindicando salarios que lles permitan a estas mulleres, 700 en toda Galicia, ser autónomas, non ter que buscar outros traballos nin ser vistas como un complemento da economía familiar.
Temas: 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.