La Tienda Republicana

Amigos da Terra inicia a campaña "A Europa que queremos?"

02/05/2019

O 26 de maio ademais das eleccións municipais serán as europeas. Estas últimas, tradicionalmente consideradas como menos importantes e con moita menos participación, serán unhas eleccións críticas para o futuro de Europa. A composición do próximo Parlamento terá repercusións en todas as cuestións nas que traballamos, desde o cambio climático ata as relacións comerciais, dende a alimentación ata a natureza. Así como implicacións máis amplas para o bo funcionamento da democracia, o incremento da desigualdade, a protección dos nosos datos persoais ou o peche das fronteiras.

Cartel do evento / Amigos da Terra
Aproveitando este momento iniciaremos unha campaña para chamar a participación na construción dunha Europa máis social, máis xusta. Esta consistirá nas seguintes actividades:
 
ACCIÓN DE RÚA
 
XOVES / 9  MAIO / VIGO
 
Dende as 17:00 activistas de Amigos da Terra estaremos na Praza da Constitución intercambiando ideas sobre que clase de Europa queremos.
 
Dunha forma amena achegaremos á xente as nosas propostas para ter unha Europa que se base en valores fundamentais como a democracia, a transparencia, a xustiza social e ambiental, os dereitos humanos, o estado de dereito, a igualdade e a solidariedade.
 
Tamén animaremos á participar na mesa redonda e coloquio que se celebrará a continuación.
 
MESA REDONDA E COLOQUIO
 
XOVES / 9  MAIO / VIGO
 
Ás 19:00 h terá lugar unha mesa redonda de distintos colectivos da sociedade civil galega onde reflexionarán sobre que implicacións teñen as decisións tomadas no Parlamento Europeo e cal é a Europa que queren dentro do seu ámbito de actuación (dereitos humanos, xénero, políticas agrarias, territorio, migración, acordos comerciais, medio ambiente)
 
Participan: Amnistía Internacional, ATTAC, Ecoloxistas en Acción, Marcha Mundial das Mulleres, Sindicato Labrego Galego, SOS Racismo
Modera: Pablo Díaz Bouza (xornalista da campaña do Parlamento Europeo #EstaVezVoto)
Lugar: Biblioteca Pública de Vigo Juan Campañel  — R/Juaquín Yañez 6 (casco vello, zona Praza Princesa)
 
CAMPAÑA REDES SOCIAIS
 
A través de vídeos curtos algúns en claves de humor outros en formato entrevista chamaremos á participación da xente para construír xuntas a Europa que queremos.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.