La Tienda Republicana

1º de maio solidariedade obreira e acción directa a nosa forza

30/04/2019
  • Mitin-concentración de CNT-Vigo en la Pza. Da Princesa en Vigo, a las 11:30 h.
  • El 1º de mayo no es un día festivo más, es un día de conmemoración de la lucha por la jornada de 8 horas, que en 1886 en Chicago acabó con el asesinato de 5 anarcosindialistas por el gobierno de EEUU, símbolo de la pelea por la emancipación de la clase trabajadora.

O 1º de Maio é o día de todos nos, non é un día festivo calquera, e o día da loita obreira no que rememoramos a folga que comezou nun día como hoxe de 1886 en Chicago, na que o sindicalismo máis consciente e combativo, como sempre o de tendencia anarcosindicalista, tentaba conquistar a xornada de 8 horas de traballo, e que remataría coa detención e posterior asasinato por parte do goberno dos EEUU dos 5 compañeiros sindicalistas e anarquistas, sendo desde entón o símbolo da loita da clase traballadora.

Para a CNT-Vigo este 1º de Maio ten se cabe máis importancia, non so pola situación de precariedade, baixos salarios e permanente crise que vive a clase traballadora, que xa é suficiente para saír hoxe e pelexar o 364 días restantes, se non porque este ano celébrase os 100 anos da folga máis importante que tivo Europa na súa historia, a folga de La Canadiense, empresa de electricidade, na que nos, o sindicato CNT, enfrontouse a esta antiga multinacional en Cataluña e a represión do estado, (máis de 3.000 obreiros presos), polos despidos duns traballadores de oficinas afiliados a CNT, rematando despois de 44 días de folga, coa case total paralización de toda a industria catalana e a inminente extensión de folga xeral indefinida ao resto do país, coa conquista feita polo noso sindicato da xornada de 8 horas diarias, sendo nos os primeiros en conseguir a xornada de 8 horas por primeira vez no mundo, entre outras conquistas.

A fórmula foi ben doada, a solidariedade dos e das traballadoras, poñéndose en folga todos os sectores laborais en solidariedade cos despidos, a unión inquebrantable e a acción directa, a mellor ferramenta de loita que temos, na que todas e todos somos partícipes dos nosos problemas sen medias tintas e o rexeite frontal a un modelo sindical de representación, no que uns poucos deciden por todos nos, un sistema que tende ao conchabeo entre uns supostos sindicalistas e a patronal, creando traballadores e traballadoras sen conviccións nin unidade de acción, e creando desafección ante as innumerables puñaladas e traizóns deses sindicatos, vamos o chollo perfecto para a patronal e o estado.

A clase traballadora xa está farta, e pouco a pouco a CNT-Vigo crece, cunha imparable forza que nos da as vitorias nos sectores máis precarios, limpeza, hostalería, sector servizos, pero tamén no naval, no sector de telecomunicacións e moitos outros, porque somos un sindicato para loitar, sen subvencións nin vividores, non como os outros.

As desigualdades e perda de dereitos que estamos a sufrir irán en aumento, no futuro próximo máis de 1 de cada 5 traballos desaparecerán pola robotización e as novas tecnoloxías, ademais do aumento imparable dos beneficios dos que teñen a riqueza do mundo, por iso igual que fai 100 anos compre loitar pola reducción da xornada de traballo e o reparto da riqueza para que traballemos todas e todos, pola xornada de 30 horas de traballo, pola forza da clase traballadora para que ninguén teña que pasar fame aínda que traballe, polo acceso a unha vivenda digna, pola eliminación dos abusos físicos e psíquicos que sofren traballadoras e traballadores nos seus postos, por un mundo no que os nosos fillos e fillas non teñan que comer alimentos envelenados con produtos químicos ou respirar aire contaminado, por iso a CNT-Vigo non vai parar, ata o triunfo total da clase traballadora!!!

¡¡¡POLA LOITA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA E O ANARCOSINDICALISMO!!!

¡¡¡VIVA O 1º DE MAIO!!!

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Comentarios

CNT?