Novo expediente sancionador á mineira de Touro por verter augas residuais a un aflúente do Ulla

10/03/2019
Augas de Galicia propón unha sanción de ata 30.000 €.
A administración ven de comunicarlle á asociación Aldea Viva que incoou un expediente sancionador á empresa Explotaciones Gallegas S.L, máxima accionista de Cobre San Rafael, por verter augas residuais ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama.
 
Os feitos non son novos xa que en setembro do ano pasado a mineira recibiu unha sanción de 20.000€ polo desbordamento da mesma balsa. Os informes analíticos confirman a afectación ao curso fluvial, constatando un importante aporte de metais pesados.
 
A realidade é que o río Brandelos recibe constantemente as augas da balsa mineira sen que Exga,propietaria dos terreos, tome medidas ao respecto. A pesares das múltiples denuncias e a constatación por parte da administración pública de que a empresa está a cometer un neglixencia grave que se mantén no tempo, semella curioso que Augas de Galicia califique a infracción como leve. Aldea Viva presentará alegacións e reclamará a tipificación da multa como grave dada a reiteración dos feitos e o desleixo amosado pola mineira ao non pór solución a un problema que coñece dende fai moitos anos.
 
A asociación medioambientalista considera que esta nova sanción e un golpe duro ao Proxecto Touro, xa que a Xunta de Galicia non debe autorizar un proxecto de megaminería a unha empresa con semellante historial de infraccións, xa que en apenas medio ano é a terceira que recibe (30.000, 20.000 e os 30.000 que se detallan nesta nova).

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.