La Tienda Republicana

Dende o Partido Comunista de Galicia, a Xuventude Comunista de Esquerda Unida queremos trasladar o noso máis fondo pésame polo falecemento do compañeiro e camarada de Ourense, Jon Sáez García

06/03/2019

Mércores 6 de marzo a partires das 10:00 será trasladado ao tanatorio das Burgas 2, no polígono de Barreiros.

Jon, camarada, militante, activista, comprometido e solidario que comezou a súa militancia de cativo nas filas da Xuventude Comunista da que foi dirixente en Ourense, significado no movemento estudantil e nas loitas en prol dun ensino público, laico e de calidade.

Militante de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia, un mozo valente que no ano 2011 foi candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Ourense, asumindo unha responsabilidade e madurez política da que todos e todas nos sentimos orgullosas.

Onte, abandonounos  Jon o mozo sorrinte, alegre e compañeiro de compañeiros, un home con moito que dicir, con moito pelexado e sobre todo moita militancia compartida. Un camarada cunha actitude positiva e motivadora que nunca se resistiu nin se deu por vencido en ningunha das loitas das que participou.

Do camarada Jon temos que agradecer o seu exemplo comunista, as súas reflexións, as súas aportacións e sobre todo a súa vontade e actitude por contribuír e sumar en todo aquelo no que participaba.

O compromiso de Jon e a súa actitude ficará con nós, seguirá lucindo o seu cartel de candidato á alcaldía de Ourense na sede da rúa Arcediagos e seguiremos lembrando as súas intervencións cheas de forza, optimismo e ilusión.

Dende o PCG, XCG e Esquerda Unida, queremos trasladar toda a nosa forza e agarimo para a familia e achegados.

Camarada, que a terra che sexa leve!

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.