La Tienda Republicana

Abeledo valora como frutífera e moi positiva a visita da Cónsul de Cuba Yahima Martínez a Narón en visita oficial

12/01/2019

André Abeledo valorou a importancia dunha visita onde por unha banda a Cónsul de Cuba foi recibida oficialmente e asinou no Libro de Ouro do Concello de Narón, e por outra se avanzou no traballo xa comezado co seu antecesor no cargo.

Abeledo transmitiu á Cónsul que Narón como oitava cidade da Galiza que conta ademais con tres polígonos industrias ten moito que ofrecer, a Cónsul amosou moito interese polas empresas enfocadas ao sector Naval, a enerxía eólica e o reciclaxe, afincadas en Narón. Pero tamén a facer un traballo serio e produtivo para atopar formulas de cooperación bilateral que sexan beneficiosas para Cuba e Narón.

Tamén se avanzou traballo para un intercambio cultural fluído que permitan que dous pobos irmáns coñézanse aínda mellor.

A Cónsul explicou a situación en Cuba e o proceso de elaboración dunha nova Constitución que se adapte mellor a sociedade e aos novos retos, unha constitución que emana da base, dos barrios, do pobo Cubano, un exemplo de democracia participativa a todos os niveis da sociedade.

André Abeledo, Voceiro de EU Narón remarcou que o Pleno do noso consistorio xa aprobou dúas mocións presentadas por EU en apoio ao pobo cubano e contra o criminal e ilegal bloqueo que sufre Cuba, ditas Mocións serán entregadas por Abeledo a Cónsul durante a visita ao noso Concello.