La Tienda Republicana

Manifesto Esquerda Unida reivindica no Día das Persoas Migrantes unhas políticas migratorias baseadas nos dereitos humanos

18/12/2018

Dende Esquerda Unida, seguimos a mostrar unha grave preocupación respecto á vulneración constante dos dereitos das persoas migrantes (existencia dos CIE’s, leis como a de Estranxeiría, as devolucións en quente), así como a inxusta situación na que están a vivir na actualidade pola irresponsabilidade e a falta de vontade dos diferentes gobernos.

É por iso que hoxe, Día das Persoas Migrantes, Esquerda Unida fai público o seu Manifesto, no que traslada a súa preocupación respecto a esta vulneración constante e aposta por unhas políticas migratorias que respecten os dereitos humanos.

Hoxe, 18 de decembro de 2018, Día Internacional das Persoas Migrantes, queremos lembrar especialmente aos milleiros de persoas que perderon a vida ou desapareceron no camiño na procura de oportunidades para ter unha vida mellor e reivindicamos a necesidade de cumprimento do dereito ao Asilo e Refuxio, recollido no punto 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM), en 2017 o número de migrantes internacionais (persoas que residen nun país distinto ao do seu país de nacemento) alcanzou os 258 millóns en todo o mundo. Os motivos para migrar son diversos pero teñen en común á procura dunha vida mellor e, doutra banda, existe unha obriga, por parte dos estados, para facer isto posible.

Mentres Europa, EE.UU. ou agora tamén países como Inglaterra, coa implatación do Brexit, levan a cabo políticas de peche das súas fronteiras, escasas son tamén as accións decididas para corrixir e modificar o aparello normativo dos estados en materia de leis de estranxeiría.

Mentres o proceso de gozar de asilo en calquera país segue a ser lento e dificultoso, miles de persoas migrantes viven o durísimo trauma do exilio, así como a persecución que obedece a criterios políticos.

RACISMO INSTITUCIONAL

As persoas migrantes sofren un racismo institucional que avanza coa exclusión sanitaria do colectivo migrante impedíndolles gozar do dereito humano fundamental.

Dende o ano 2014 vemos como fixemos do Mediterráneo, marem nostrum, un Mar Asasino no que desapareceron e morreron case 17.000 persoas dende o ano 2014, segundo datos da Organización Internacional para as Migracións (OIM).

de voos de deportación de persoas migrantes, coa connivencia da Xunta de Galicia, fai que dubidemos da natureza da nosa propia democracia.

Dende Esquerda Unida lembramos que a democracia constrúese todos os días e visibilízase no fortalecemento da saúde democrática e na preservación e mantemento dos Dereitos Humanos.

En Galicia seguimos a asistir a un comportamento intolerable en Democracia. Referímonos en concreto á política de persecución policial dirixida cara ao colectivo de persoas migrantes.

Estas persecucións inclúen identificacións arbitrarias, empregando criterios racistas. Esta actitude, que se dá en lugares públicos de uso habitual, é violencia institucional e provoca un enorme medo no colectivo de persoas migrantes. Pero non é só iso. Mentres existan CIE's. Mentres existan Leis como a de Estranxeiría ou as duras devolucións en quente, é imposible a condición democrática das nosas sociedades.

É por iso que nun día como hoxe resaltamos a necesidade de dar unha resposta institucional ante a crise humanitaria que estamos a vivir e as situacións de extrema

Tampouco axuda a falta de cumprimento no regulamento da Lei de Asilo do 2009 ao provocar unha confusión permanente e unha demora inxustificada na seguridade e garantía xurídica por parte das persoas que solicitan asilo.

PROTECCIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Dende Esquerda Unida lembramos que os estados teñen a obriga legal de non expulsar a ningunha persoa se iso pon en perigo a súa integridade e dignidade, polo que hoxe facemos unha chamada á cidadanía e as institucións para que asuman como propios obxectivos tan importantes como a protección dos Dereitos Humanos das persoas migrantes -con especial atención aos/as menores- ; a exixencia ao Gobierno a que free ás devolucións en quente de persoas; a necesidade de erradicar a explotación e trata das persoas máis vulnerables.

Dende Esquerda Unida lembramos a importancia de pular por unhas políticas migratorias apoiadas no cumprimento dos dereitos humanos e que loiten polos dereitos das persoas migrantes, independentemente da súa orixe.