La Tienda Republicana

Compromiso por Galicia denuncia o abandono do Goberno de Feijóo ao colectivo da terceira idade

02/03/2018

Para CxG, "aquela xente que axudou a construír a Galicia actual é sistematicamente esquecida polo goberno do PP na Xunta".

CxG demanda unha maior atención da Xunta ao colectivo de maiores / Creative Commons
Segundo sinanan, "por desgraza para a nosa sociedade cada semana temos titulares de prensa que sinalan que maiores morren en soidade no seu domicilio, incluso pasando moitos días sen seren descubertos, diante de esta realidade o Presidente Feijoo non fai nada, nin sequera a nomea".
 
O 25% da poboación galega é do colectivo de maiores,  sendo Lugo e Ourense parte da dez rexións máis avellentadas da Unión Europea. Compromiso considera esta situación como un problema social de primeira magnitude que por desgraza para Galicia ningún grupo político leva de forma efectiva ó Parlamento. É po iso que  CxG vai presentar unha proposta no Parlamento Galego concreta para que esta situación entre na axenda política galega, que consiste en:
 
-Elaboración dun censo, con domicilios e contacto, dos maiores que viven sós en Galicia.
 
-En colaboración co Sergas, elaboración dun censo de maiores doentes en resgo grave.
 
-Sistema de control das citas periódicas do Sergas non efectuadas para un seguimento do motivo.
 
-Implantación dun sistema de códigos QR para persoas maiores en resgo de perda por enfermidade, de xeito que unha aplicación móbil pública recolla os datos de estas persoas e poda poñer en marcha os mecanismos de seguridade.
 
-A Xunta ten que instalar detectores de incendios de forma gratuíta nos fogares de maiores sós, especialmente no rural.
 
-Creación dun protocolo de visitas de servizos sociais, que non invada a privacidade.
 
-Xuntos cos colexios profesionais implicados, creación dunha mesa de dialogo social, que debata posturas e medidas concretas neste campo.
 
“A actual situación de moitos dos nosos maiores, en soidade e sen respaldo da administración, non se pode permitir. Un Presidente incapaz de garantir a calidade de vida da xente que fixo Galicia, non é digno, aínda que intente non falar do tema. Por iso levaremos isto ao Parlamento, como levamos a necesidade de pediatras no rural” declarou o noso Secretario Xeral, Piñeiro Docampo