Antón Sánchez: "A veciñanza non ve qué beneficio vai sacar do parque eólico Pena Forcada-Catasol II"

02/03/2018

O vicevoceiro de En Marea de Coordinador Xeral de Anova, detallou esta semana na Comisión 6ª de Industria, Enerxía e Turismo do Parlamento de Galicia, cales son os fundamentos da oposición do seu grupo parlamentario a este proxecto de Gas Natural Fenosa na Costa da Morte.

Antón Sánchez ven de reclamar esta semana un cambio no modelo eólico imposto polo Goberno do PP / En Marea

Para o deputado, o caso do parque eólico Pena Forcada-Catasol II "é o que está a pasar a pequena escala" no resto de Galicia polas erróneas decisións do Partido Popular de regalarlle ás grandes eléctricas "os centos de millóns de euros que facturan todos os anos".

Sánchez recordou esta semana que en Pena Forcada (Laxe), vaise instalar un parque eólico de dous megavatios nun concello onde non hai ningún e onde a súa corporación aprobou unha resolución no pleno contra a instalación do proxecto, declarando á localidade como "libre de eólicos", dado que o concello basea o seu futuro na potenciación do turismo de calidade e dos seus valores paisaxísticos e patrimoniais.

Por outra parte "trátase dun concello que non vai recibir nin un euro pola instalación dun parque eólico" e "a veciñanza non ve qué beneficio vai sacar" nin "vai a recibir nada a cambio".

A LOITA VECIÑAL CONTRA A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA

Antón Sánchez recorda que "estes veciños que non queren que se instalen estes eólicos en Laxe teñen que loitar contra a declaración de utilidade pública que sistemáticamente lles da a Xunta", preguntándose cal é a utilidade pública nun proxecto que ao Concello de Laxe e aos veciños "non lles vai a dar nin un peso".

Para o vicevoceiro de En Marea, a "utilidade pública" proposta polo Partido Popular "é o negocio destas empresas, neste caso de Gas Natural Fenosa", algo que "xa lle gustaría a moita xente que pide axudas para o bono social de aluguer, para pobreza enerxética ou para licencias ou permisos da Xunta" que o Partido Popular "actuara con tanta dilixencia" como actúa cos grandes intereses empresariais.

Porque para Sánchez, básicamente o que conseguen as políticas do PP logo da aplicación da Lei 5/2017, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia é "reducir as posibilidades da xente de defender os seus dereitos e alegar en conta destes proxectos, uns proxectos que ademáis de non deixar un peso nin para o país nin para a contorna están feitos sin ter en conta os impactos negativos que poden ter".