La Tienda Republicana

Compromiso por Galicia reúnese en Vigo coa Federación de Asociacións de Veciños

08/02/2018

Este semana unha delegación de Compromiso mantivo unha xuntanza de traballo con FAVEC en Vigo enmarcada na xira de traballo da Comisión Executiva de CxG. 

Reunión de CxG coa Federación de Asociacións de Veciños de Vigo / Compromiso por Galicia
O obxectivo era pulsar a realidade social de Vigo e ir traballando no programa político do partido na cidade. A realidade social da cidade é para CxG preocupante, persoas acampadas diante do concello, falla de persoal público de servizos sociais, cortes de servizos básicos luz e auga sen que o concello actúe, falla de pisos de acollemento, refuxios sen prazas e xente na rúa. Compromiso denuncia publicamente a falta de co-responsabilidade social do Alcalde vigués instaurado no populismo e no "marketing", máis doente pola súa pretendida imaxe de líder do partido socialista, que só ten predicamento en Vigo polos resultados das súas apostas. Entendemos tamén que un alcalde que leva meses vendo xente acampada diante do seu concello e non fai nada por atender os problemas desta xente non pode ser presidente da FEMP. 
 
CxG fai súas varias reivindicacións de FAVEC, e pedimos publicamente do Concello de Vigo:
 
-Aumento do persoal de servizos sociais, existen formas de facelo, aínda sen que o concello aumente o seu cadro de persoal.
 
-Creación dunha rede de pisos de acollida para persoas necesitadas.
 
-Aumento das prazas de albergues para persoas necesitadas.
 
-Activación dos protocolos contra os desafiuzamentos.
 
-Activación dos protocolos de previsión de corte de servizos básicos.
 
Entendemos que Vigo sempre foi unha cidade á vangarda do social e da igualdade que hoxe está instaurada en obras faraónicas e populistas dun alcalde conservador  que está danando a imaxe de Vigo fora da cidade. A crise aínda non está superada e moita xente en Vigo precisa axuda para que a súa dignidade como persoas non se vexa sacudida e o alcalde está a fallar de forma meridiana na súa política social.
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.