La Tienda Republicana

En Marea denuncia un novo caso de corrupción no Concello de Valga que afectaría directamente ao PP

20/01/2018

No caso estarían implicados tanto ao alcalde, José María Bello Maneiro, como o secretario e o interventor deste Concello. O voceiro de En Marea estivo acompañado na rolda de prensa ofrecida en Vilgarcía por representantes das distintas mareas locais da comarca do Salnés.

José María Bello Maneiro, alcalde de Valga (Pontevedra) / Concello de Valga
O voceiro de En Marea comezou a súa explicación dos feitos que o secretario Juan Manuel Salguero del Valle está imputado na Operación Pokemon pola prórroga irregular e condicións de servizo a Aquagest no Concello da Pobra do Caramiñal durante a etapa de goberno do Partido Popular. Posteriormente estivo como secretario de Conde Roa para repetir a operación no concello de Santiago, que foi abortada cando estallou a operación Pokemon.
 
A primeira das irregularidades denunciadas foi a relativa a nomeamentos por acumulación “co fin de nomear a alguén de confianza que faga a vista a gorda á actividade desenvolta polo alcalde”. “O alcalde José María Bello Maneiro mantén o Concello de Valga nunha situación irregular na provisión das prazas de secretario e interventor, cunha previsión orzamentaria anual para elas moi inferior á que lles corresponde por categoría, o que disuade a ningún funcionario habilitado a pedila, de xeito que rematan sempre por estar vacantes” afirmou Villares. Desta forma, o alcalde, fronte esa vacante, pode botar man de xente que lle resulte cómoda para o exercicio da súa actividade e non poña reparos. Esta denuncia é compartida polo propio Colexio territorial de Secretarios e interventores.
 
Os motivos que poderían levar a aceptar este postos por menos diñeiros do que se fai habitualmente pode vir porque o alcalde os compensa mediante o pago de dietas ilegais, ou porque noutros casos, o beneficio que o secretario Juan Manuel Salguero del Valle tratou de obter, presuntamente veñen por vía ilícita, como se investiga arestora na Operación Pokemon, na peza relativa á trama de Aquagest.
 
Outra das irregularidades denunciadas polo voceiro de En Marea foi a relativa á adxudicación indebida dun contrato de reforzo administrativo a unha socia do interventor e exercicio das funcións por un terceiro socio. O interventor Juan José Vidal Vilanova é socio dunha mercantil chamada IGLESIAS LAGO VILANOVA ASESORES SL, da que son administradores solidarios, ademais del María Luisa Álvarez Iglesias e Luís Nieto Lago. O Concello adxudicou (21/6/2017) un contrato menor de servizos de reforzo administrativo a favor de María Luisa Álvarez Iglesias, socia do interventor Juan josé Vidal Vilanova.
 
Realmente, este nomeamento non foi máis que unha tapadeira como explicou o voceiro de En Marea, porque a finalidade era contratar ao outro socio de INTERVENTOR Juan José Vidal Vilanova, chamado Luís Nieto Lago quen si posúe titulación idónea, pero está xubilado e ademais non foi contratado.
 
“María Luisa Álvarez Iglesias nunca desempeñou estas funcións, e si o fixo con normalidade Luís Nieto Lago, tal como se acredita nas fotografías que se acompañan no informe de En Marea, incluso con atención ao público” afirmou Villares.