La Tienda Republicana

En Marea presentará en todos os concellos galegos unha moción para incorporar o Pazo de Meirás ao patromonio público

24/08/2017

Esta moción apoiará a aprobada polo Concello de Sada para a xestión do pazo e a salvagarda da memoria histórica.

Pazo de Meirás / Wikimedia commons
En Marea presentará en todos os concellos galegos unha moción para solicitar que o Pazo de Meirás se incorpore ao patrimonio público e para que se salvagarde a memoria histórica. Esta moción servirá de apoio á aprobada polo Concello de Sada a pasada semana na que se reclamaba a propiedade pública para o monumento e na que tamén se pedía que a xestión do mesmo fose responsabilidade dese concello.
 
En Marea considera que a xestión das visitas ao Pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), ao cargo Fundación Nacional Francisco Franco, que de acordo cos seus propios estatutos ten como obxectivo difundir o legado do ditador, é unha vergonza nun estado democrático e unha ofensa ás vítimas da represión. Hai pouco, en varios comunicados, a entidade reafirmaba o seu compromiso, non coa memoria, senón co enxalzamento da ditadura e o seu caudillo, amais de negar a represión e humillar ás suas vítimas. Ademais, o sistemática incumprimento do sistemas de visitas por parte da fundación, que está previsto pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
 
O Concello de Sada aprobou no seu pleno da pasada semana os seguintes acordos:
 
“1.- Apoio expreso do Pleno da Concello de Sada para, apoiando as solicitudes formuladas pola Alcaldía de Sada o pasado 31 de xullo e a do Concelleiro delegado de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente de xullo de 2015, instar á Xunta de Galicia a solicitude de que sexa o Concello de Sada quen xestione o réxime de visitas ao BIC Pazo de Meirás.
2.- Instar á Xunta de Galicia a que realice todas as actuacións tendentes a evitar e, no seu caso, non autorizar, que sexa a Fundación Nacional Francisco Franco quen xestione as visitas ao BIC Pazo de Meirás.
3.- Instar a Xunta de Galicia a que esixa aos propietarios que detentan o inmoble que cumpran co réxime de visitas ao BIC disposto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, con independencia da resolución dos expedientes polos incumprimentos reiterados xa incoados, coa imposición da máxima sanción prevista en dita Lei para ditas infraccións.
4.- Demandar da Xunta de Galicia e goberno do Estado o apoio institucional a todas aquelas actuacións encamiñadas a recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e uso públicos.
5.- Formalizar declaración institucional de condena expresa ante os comunicados emitidos pola Fundación Nacional Francisco Franco así como de apoio á memoria das vítimas do franquismo.
6.- Instar ás Cortes do Estado, Grupos Parlamentarios e do goberno do Estado ás iniciativas lexislativas conducentes á modificación da vixente Lei 50/2002, de Fundacións, co obxecto de amparar a declaración como ilegais daquelas que como a Fundación Nacional Francisco Franco teñan por obxecto a homenaxe á vida e obra criminais do ditador.
 
En Marea queren ampliar este acordo a todos os concellos de Galicia e presentará unha moción para que se continúe a petición feita por Sada e se reclame o Pazo de Meirás para o patrimonio público e a xestión do mesmo a cargo do Concello de Sada.
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.