La Tienda Republicana

En Marea esixe a comparecencia do conselleiro de Sanidade para dar explicacións ante o novo ataque aos dereitos da cidadanía que supón o Anteproxecto de modificación da Lei sanitaria

22/08/2017

O grupo parlamentario de En Marea, xunto co resto de grupos da oposición, rexistraron unha solicitude de comparecencia urxente en pleno do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, para dar conta do Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, de 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Como xa anunciara en rolda de prensa a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, En Marea a intención do seu grupo de pedir a comparecencia do conselleiro ante o que novo ataque aos dereitos da cidadanía que pretende o PP con este anteproxecto de Lei. “A Xunta de Galicia está a impedir a participación e fomentar a opacidade para facilitar o descoñecemento do que ten que ver coa retirada de dereitos sanitarios e a entrada da empresa privada que se pretende con este anteproxecto“ denunciou Eva Solla.

O Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez nunha rolda de prensa / Xunta de Galicia
Un anteproxecto que non só suporá a redución das áreas sanitarias e aumentará a burocracia e complexidade dos distritos sanitarios, un modelo rexeitado anteriormente, e que o que fai e afondar na perda de capacidade de xestión das diferentes comarcas e tamén o empeoramento do funcionamento da atención primaria que unha vez máis é a máis prexudicada por esta nova distribución da Xunta de Galicia. Desde En Marea teñen denunciado igualmente o que supón a introdución da empresa privada e os seus intereses ao tempo que se ten denunciado o conflitos de interese remarcados polo propio Consello bioético, pero nesta ocasión o que se leva a cabo é directamente o plan galego de investigación sen explicar que o vai substituír e introducindo aínda máis a empresa privada. Por este motivo En Marea pedirá que o Goberno galego aclare cal é o seu plan e como vai blindar a sanidade pública da introdución da empresa privada.
 
Outro aspecto a destacar do anteproxecto presentado polo Goberno do Partido Popular é a eliminación da participación social pública e no que se cambia pola introdución das entidades representativas de intereses económicos e profesionais, é dicir “a empresa privada trasladando o seu interese dentro do deseño das políticas sanitarias públicas mentres desaparece a Universidade, as asociacións de veciños ou calquera outro elemento de participación da cidadanía, que decidirá a partir de agora a Xunta de Galicia mediante decreto“. “O PP reservase quen poderá opinar e participar na planificación da nosa sanidade“ denunciou Eva Solla.  
 
Eliminan tamén os puntos que daban acceso a información aos membros do Consello galego de saúde. Unha continuidade do que está xa a facer a Xunta no Parlamento de Galicia obviando e non contestando as preguntas presentadas polos grupos da oposición, pero neste caso elimina a posibilidade de coñecer os datos por exemplo dos contratos coas empresas privadas, das memorias do Servizo Galego de Saúde ou as valoracións dos propios orzamentos. Así mesmo elimina a composición paritaria do órgano. Isto sumado a ese baleirado dos consellos de saúde de área, non só restan capacidade ao Consello senón tamén as estruturas inferiores o que provoca unha eliminación total da participación social do deseño das políticas sanitarias.
 
En Marea anunciou xa que presentará unha emenda de devolución a esta norma que será presentada no mesmo momento no que entre no Parlamento de Galicia para a súa tramitación.
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.