La Tienda Republicana

Luís Villares: "Poucas veces unha persoa fixo gala de tanta ignorancia como Rajoy na Audiencia Nacional"

27/07/2017

O voceiro de En Marea considera que xa é o momento dunha "fronte ampla para recuperar as institucións para a cidadanía"

Mariano Rajoy nun momento da súa declaración na Audiencia Nacional / youtube.es
En Marea considera que a testemuña de Mariano Rajoy foi a demostración de ata que punto o presidente do goberno está incapacitado para tal responsabilidade. A comparencia ante a Audiencia significa que Rajoy "ignora todo ou mente, se fose o primeiro caso está claro que un presidente non pode descoñecer todas as cousas que suceden baixo a súa responsabilidade; no segundo caso, no caso de mentir, Rajoy xa quedaría descualificado".
 
O voceiro de En Marea, Luís Villares, salientou que poucas "veces na política e na vida unha persoa fixo gala de tanta ignoración como Mariano Rajoy na Audiencia Nacional". Para Villares poden suceder dúas cousas: que dixese verdade ou contase mentira". Engadiu o voceiro que no caso de que dixese mentira "a súa neglixencia á hora de escoller ás persoas que manexasen as contas fano inhabil non soamente para dirixir o Partido Popular senón sobre todo para dirixir ao goberno do Estado". 
 
Luís Villares explicou tamén sobre a presenza do presidente do goberno na Audiencia Nacional que pode suceder que mentise, "é probable que mentise porque en multitude de ocasións afirmou que el mesmo limpara de corrupción o PP", do que se ten que deducir que se "limpou o partido de corrupción é porque sabía que había prácticas corruptas". Para o voceiro de En Marea, Rajoy perdeu unha "oportunidade para denunciar todas as prácticas corruptas do seu partido e ao non facelo deixa claro que non dixo verdade cando declarou esta mañá".
 
Para o voceiro parlamentario de En Marea, o que Rajoy deixou claro coa súa testemuña na Audiencia Nacional que o PP "concorreu dopado ás eleccións, o que nos obriga a preguntarnos que resultados tería obtido ese partido se contase con menos medios económicos, é dicir, se respectase a lei vixente de financiación como fan o resto dos partidos". Villares sinalou que o Pp "utiliza a corrupción como forma de goberno e como forma de financiamento habitual".
 
Luís Villares cre chegado o momento de formular "unha fronte ampla a favor da rexeneración democrática e a favor de recuperar as institucións para a cidadanía, unha fronte tamén a favor de evitar o saqueo dos recursos públicos e que se utilicen para o que o son: para facer políticas sociais para que a cidadanía poida vivir mellor".

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.