O BNG presentará unha proposición non de lei para que a Xunta solucione a posición de dominio das grandes empresas editoras e distribuidoras

O pasado 7 de xuño varias persoas concentráronse en Vigo para apoiar a iniciativa dos quiosqueiros que será levada ó Parlamento galego polo BNG

Como veñen facendo dende fai meses, nesta ocasión cunha concentración diante do Marco, as persoas que traballan nos quioscos denunciaron o abuso monopolístico das empresas editoras e distribuidoras de prensa e revistas, que levan á morte da actividade dos quioscos: unhos cen quioscos pecharon ao non poder vivir da súa actividade.
 
Entre os abusos que denuncian está o envío de "mercadorías e cantidades que queren", tendo "dereito a unha devolución á semana, pero o abono no se fai efectivo ata a semana seguinte, ou no caso de publicacións mensuais, un mes despois cun pouco de sorte". Do mesmo xeito denuncian que lles cobran as distribuidoras entre 10.97 e 45 € á semana "plo que eles chaman traballos auxiliares ou xestión administrativa, ou sexa os portes de toda a vida". O resultado é que un quiosco acaba pagando de 2354,40 € a 4928,64 € o ano, máis o IVE.
 
Para solucionar esta posición de dominio das grandes empresas editoras e distribuidoras o BNG presentará un proxecto non de lei no Parlamento de Galicia a fin de "instar o Goberno Autonómico a que actualice o Regulmaneto sobre a relación comercial entre as editorais, os distribuidores e os vendedores de prensa". Manuel Caride, responsable comarcal do BNG, estivo na concentración xunto a quiosqueira Lola Estevez, e otros quiosqueiros dando o apoio do partido o colectivo que ademáis leva recollidas unhas 1600 sinaturas en defensa dos seus dereitos.
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.