La Tienda Republicana

EU súmase ás mobilizacións deste sábado, Día Europeo de accións descentralizadas contra o CETA, organizadas pola plataforma “Non ao TTIP” de Galicia

19/01/2017

 Esquerda Unida unirase este sábado 21 de xaneiro ás concentracións que terán lugar en diferentes cidades de toda Europa co motivo do Día Europeo de Accións Descentralizadas contra o CETA (Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que esixirán deter os abusos á cidadanía que se levarían a cabo de saír adiante este nefasto e antidemocrático tratado.

Dende Esquerda Unida sumámonos á denuncia contra estes acordos con EE.UU e Canadá que supoñen a entrega da soberanía para crear unha estrutura de dominación autoritaria que asegura ás multinacionais un poder e que pon en perigo os servizos públicos, os dereitos laborais, ambientais ou a personalidade cultural dos pobos.

É por isto que dende Esquerda Unida apoiamos as mobilizacións, levadas a cabo pola plataforma “Non ao TTIP”, que teñen moi claro que frear o CETA, tamén coñecido como o “TTIP canadense”, é unha prioridade política e social, tendo en conta que dito tratado está en proceso de ratificación no pleno do Parlamento Europeo de Estrasburgo.

É por todo isto que dende EU apoiamos estas mobilizacións e chamamos á participación nesta xornada, xa que non podemos permitir as constantes agresións á clase traballadora e ao futuro da nosa sociedade.

Máis información sobre a situación dos tratados

 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.