La Tienda Republicana

Manifestación para esixir un autobús direto ao Hospital Alvaro Cunqueiro dende Teis

A Asociación Veciñal de Teis leva recadadas máis de 3.200 firmas e varias manifestacións polo barrio. O vindeiro 31 de outubro asistirán ao pleno municipal onde lle pedirán ao alcalde unha solución para o transporte xa.

Xa é a terceira vez que a Asociación Veciñal de Teis, a petición dos veciños do barrio de Vigo, saen ás rúas polas que non circula ningún Vitrasa que vaia ao principal hospital da cidade que está na outra punta, a varios kilómetros.
 
Dende o peche do Xeral ir ao hospital de referencia, o Álvaro Cunqueiro, sae caro en cartos e tamén en tempo. As e os veciños teñen que facer trasbordos de bus para poder ir, o que dificulta desde recibir unha atención médica de urxencia ata ir a visitar a familiares ou amizades no devandito hospital.
 
Levan más de 3.200 firmas recollidas para reclamar o que é de xustiza social: un bus direto que vaia e veña ao Hospital Álvaro Cunqueiro dende Teis. Ao inicio da manifestación do pasado martes 25 de outubro recollían inda máis. 
 
Con ese fin, recordou Anxo Iglesias, levarán ó Concello de Vigo o vindeiro 31 diste mes a súa petición ao alcalde, no pleno que terá lugar a primeira hora da mañán. E do mesmo xeito que llo esixen a Abel Caballero, tamén ao presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, quen tivo moita presa por inaugurar un hospital ao que agora custa moito chegar.
 
Non é o único barrio da cidade con ese problema. Varias asociacións de veciños teñen falado ca de Teis para expor a mesma problemática, para a que a solución pasa polos Vitrasas municipáis ou outros autuboses fletados pola Xunta co fin de poder recibir a asistencia sanitaria que xa pagamos a través dos impostos. Ter que pagar de novo, saltando de bus en bus, se é que o hai, ou pagando taxis e quen teña coche o carísimo parking do hospital, é un repago da sanidade doblemente inxusto cando o beneficio vai para a concesionaria privada do hospital.
 
As manifestacións continuarán en Teis ata que se acade o obxectivo polo que varios centos de persoas percorreron Sanjurjo Badía dende e ata o Mercado do barrio, entre elas concelleiras da Marea de Vigo e membros do BNG.
 
 
 
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.