La Tienda Republicana

En Marea denuncia que o PP está a deixar un país invertebrado e incomunicado a nivel ferroviario

15/10/2016

A deputada Yolanda Díaz esixe melloras na rede de proximidade do tren en Galicia.

En Marea pide a actualización e modernización da rede ferroviaria galega / luisrpineiro.wordpress.com

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, reuniuse esta semana con respresentantes sindicais do sector ferroviario de Galicia para coñecer as súas demandas e saber como está a situación do ferrocarril na nosa comunidade e que pasa principalmente pola modernización das liñas convencionais de ferrocarril en Galicia.

Yolanda Díaz destacou a importancia da rede de ferrocarril, xa que como mesmo salientou ao remate da xuntanza, “estamos a falar dun elemento de centralidade democrática e de cohesión social e económica de Galicia”.

En Marea denuncia a importante diferencia que existe entre o tratamento que se lle está a dar desde o Goberno ás liñas de altas prestacións (AVE) e ás liñas convencionais ou de cercanías. É nestas últimas nas que En Marea esixe unha maior atención por parte das institucións, concretamente do Goberno central que é a única administración que ten competencia ao respecto.

Ao longo da próxima semana En Marea presentará varias iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados esixindo as melloras nas liñas convencionais de cercanías na nosa comunidade, e que van principalmente pola electrificación das vías, a rectificación das curvas en certos tramos ou a modificación das pendentes.

Yolanda Díaz manifestou que “non son obras faraónicas, senón de moito menor custe se as comparamos co gasto que supón cada quilómetro da liña de alta potencialidade, e que, pola contra, son de vital importancia para o desenvolvemento económico e social de Galicia”.

Neste senso, Díaz sinalou que hai anos se creou a Xerencia de Cercanías, agora denominada  Xerencia de Servicio Público que xestiona todos os trens de media distancia que están considerados “obrigración de servicio público” e sen embargo temos o organismo e non a rede de cercanías.

A deputada de En Marea manifestou que “prácticamente temos un país baleiro no que respecta ás liñas de tren de proximidade, o que esboza un país sen futuro, xa que é difícil ter comarcas con vida económica sen ter vías de ferrocarril que as una, que ao final son vías de cohesión social e económica”.

Outro dos aspectos que se trataron na xuntanza cos representantes de CCOO foi a alarmante situación que se vive dentro do sector ferroviario no eido laboral. Tanto RENFE como ADIF non están a reponer as taxas de persoal que causan baixa na empresa, adelgazan as plantillas e isto conleva que hai servicios que se deixan de prestar por falta de personal, de feito, segundo confirmou na rolda de prensa Severino Rodríguez, responsable de CCOO Galicia, “chegáronse a suprimir trens por falta de manquinistas”. Pola contra ADIF está a subcontratar servicios, que se externalizan, camiño a unha progresiva privatización do sector.

Finalmente, Yolanda Díaz insistiu na necesidade de implicacións das diferentes administracións para que o ferrocarril en Galicia mellore a súa política de precios, coa creación dalgún bono unitario para os diferentes transportes públicos. Asemesmo é preciso a creación de estacións intermodais,, e incluso de estacións ou apeadeiros nos núcleos de poboación importantes das grandes cidades para facilitar o uso do transporte público.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.