La Tienda Republicana

As e os veciños de Teis levarán ao pleno do Concello a súa reivindicación dun autobús directo ao Álvaro Cunqueiro.

Na manifestación do pasado martes, a segunda que fan, pediron de novo “¡Pro novo hospital, Vitrasa xa!” porque “¡Nós o que queremos é autobús ao Cunqueiro!”. Debido ao mal tempo o percorrido foi acurtado pero non a súa exclamación dirixida ao Concello vigués: “Alcalde, escoita: ¡Teis polo bus loita!”

Saída da manifestación dende o Mercado de Teis
O representante da Asociación Veciñal de Teis valorou positivamente a mobilización a pesar da choiva que caeu durante o percorrido reclamando de novo “unha conexión directa de autobús ao Álvaro Cunqueiro”. Levan recollidas unhas 2000 sinaturas en dúas semanas ca súa reclamación con ese fin e seguen a recollelas. Anuncian novas mobilizacións: outra manifestación o 25 de outubro e a súa presenza no pleno do Concello de Vigo o día 31 deste mes.
 
Ate o día de onte e a pesar da última mobilización e os escritos presentados non recibiron resposta algunha do Concello de Vigo, en mans do PSOE, estando a Asociación á espera de que, polo menos, os reciba a concelleira de transportes, unha vez que o alcalde de Vigo lles deu a razón a preguntas dun xornalista nunha rolda de prensa. Pero, como recordou Anxo “inda non foi capaz de por un autobús”.
 
Non son os únicos veciños de Vigo que teñen problemas para chegar ao hospital de referencia da cidade, situado ás aforas, no medio do monte. Outros barrios falaron con membros da Asociación de Teis ao ver as mobilizacións ca mesma preocupación: a carencia de bus urbano directo ao complexo hospitalario inaugurado pola Xunta de Galicia fai un ano e que supuxo o peche de varios centros de saúde que atendían urxencias e especialidades nos barrios, e tamén do principal hospital da cidade situado no centro, o Xeral-Cíes. A concesión da xestión do Álvaro Cunqueiro a unha empresa privada por parte do goberno autonómico do PP fixo que moitos servizos foran de pago, como o do párking. Aínda que o goberno municipal de Abel Caballero anunciou a construción dun párking gratuito ao pouco de ser inaugurado o novo hospital, a día de hoxe non ten feito ningunha obra. Ir ao Álvaro Cunqueiro supón, pois, un desembolso económico que non casa co pago dos impostos: faise un repago en sanidade do que os únicos beneficiarios son empresas privadas.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.