La Tienda Republicana

En Marea reclamará un Plan Estratéxico de Saúde Mental que recoñeza os dereitos sanitarios das persoas afectadas

11/10/2016

En Marea mantivo na tarde do martes unha xuntanza co Movemento Galego de Saúde Mental para coñecer de primeira man as necesidades máis urxentes das persoas que sofren enfermidades mentais, na que participaron o portavoz de En Marea Luís Villares, as deputadas electas que integrarán a Comisión de Sanidade no Parlamento, Eva Solla e Paula Vázquez Verao e a concelleira de Políticas Sociais de Compostela Aberta Concha Fernández.

Reunión co Movemento Galego de Saúde Mental / En Marea

Villares dixo que “con esta xuntanza estamos dando continuidade a un traballo que xa iniciamos durante a campaña, que consiste en atender as demandas da sociedade civil escoitando os colectivos que o integran. Nese senso hoxe adquirimos unha serie de compromisos urxentes que trasladaremos á Cámara galega, entre eles o cumprimento dos dereitos fundamentais das persoas con doenzas mentais e que estes se integren na Consellería de Sanidade”.

En Marea tamén reclamará un Plan Estratéxico de Saúde Mental, con recursos específicos para afrontar esas necesidades que ata agora non se implementaron. A maiores esixirase a posta en marcha do Plan Galego de Prevención de Suicidio que a Xunta mantén aínda en fase de estudio. “Tampouco esqueceremos o necesario reforzo da Atención Primaria, como primeiro elo de atención e detección dos trastornos mentais, e o redimensionamento de recursos asistenciais non medicalizados (psicoterapia, atención a drogodependencias…), engadiu o portavoz de En Marea.

O voceiro do Movemento Galego pola Saúde Mental, Miguel Anxo García, denunciou a situación de abandono asistencial á que están sometidos estes pacientes  psiquiátricos dos que non hai nin datos. “É o caso das urxencias psiquiátricas, nas que se están vulnerando dereitos básicos das persoas enfermas. Ou a derivación que está facendo a Xunta de enfermos mentais aos centros da terceira idade, sen persoal especializado na súa atención”, denunciou Miguel Anxo. “Un primeiro paso é que a sociedade asuma a gravidade é a loita contra o estigma, que estas persoas teñan un lugar normal dentro da sociedade. Integrar a resposta a estes trastornos nos dispositivos sanitarios habituais, como se foran un usuario máis”. En Galicia taxas máis elevadas de suicidio, que aumentaron coas políticas contra a crise, que deixaron desprotexidos a secctores moi fráxiles”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.