Concentración en defensa da sé da R.S.P. de Vigo

Porque as casas baleiras non serven para nada, e unha oKupada como a da R.S.P. de Vigo vén facendo unha laboura social que terían que ter feita as institucións públicas, moitas e moitos se concentraron o pasado 3 de outubro na sé da R.S.P., ameazada por unha inxusta sentenza xudicial que condena á activista e voceira da Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Elisa Perez, non só a pagar unha multa, senón, e sobre todo, ó desaloxo da casa que oKuparon. Se en segunda instancia a condena non é revisada, terán que abandonar a sé da R.S.P. viguesa e pagar 800 €.

Facía xa dez anos que o inmueble estaba en situación de abandono por parte dos herdeiros da propiedade, que pasaron olímpicamente dela, o que a convertiu nun foco de perigo para a cidade de Vigo: ratas, basura, porquería e tamén tráfico de drogas. O perigo de derrumbe sobre unha das avenidas, a da Hispanidade, era outro, que ademáis é habitual no centro da cidade pola falta de mantemento de casas baleiras. Foron os activistas da R.S.P. os que lle deron uso a un inmoble que estaba condenado a caer ou a ser froito da especulación urbanística cando tempos mellores veñan. Como ises tempos nin están nin se esperan, é bastante máis útil e lóxico darlle un uso social.
 
Dende o local da R.S.P. xestiónase o reparto de alimentos a familias en situación de precariedade, danse clases, organízanse eventos sociais, culturais e tamén se ofrecen as salas que ten para actividades de partidos políticos. A súa función é integradora posto que non practican a limosna, senón a integración mediante a solidariedade. As e os activistas da R.S.P. non piden a propiedade da casa, que é o último que lles importa. Piden que esa casa que estaba baleira sexa sendo a casa do pobo de Vigo, de quen o precise, e non se convirta, polo capricho dun dos herdeiros da propiedade, nunha inxustiza máis da cidade na que sobran casas sen xente mentres hai xente sen casa. No acto tomaron a palabra Oscar González e Indalecio Tizón que leron os comunicados de apoio e o manifesto, dándolle despóis a voz a quen quixo falar, como Antón Bouza, de Os Ninguéns, ou o fillo dunha das mulleres desfiuzadas fai nada, entre outras persoas. Como vén sendo habitual contaron co apoio de numerosos colectivos sociáis, sindicáis, partidos políticos -alí estaban os concelleiros da Marea de Vigo- e sobre todo moitas e moitos cidadáns que coñecemos ás e ós integrantes da R.S.P. e sabemos da súa laboura.
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.