La Tienda Republicana

Compromiso propón que montes e propietarios xestionen a enerxía eléctrica de Galicia

11/09/2016

Xoán Bascuas aproveitou para lembrar o gran traballo que está levando a cabo María Xosé Alfonso en Muros. O candidato á Presidencia da Xunta tamén visitou na mañá do domingo a vila de Cee.

Acto de Compromiso por Galicia en Muros / CxG

María Xosé Alfonso, alcaldesa muradá de Compromiso por Galicia, acompañou na tarde do domingo a Xoán Bascuas, nunha visita do candidato á vila. Os dous líderes de Compromiso aproveitaron para conversar da importancia dos sectores pesqueiros enerxéticos na economía galega. Bascuas falou da necesidade que ten Galicia de controlar os propios recursos, explotados por corporacións de fóra, que non atenden ás necesidades de Galicia.

Por iso, Compromiso propón que montes e propietarios sexan os que xestionen a enerxía. Incidíu tamén o candidato na necesidade ter competencias para fixar os prezos da enerxía industrial para poder ser competitivos no marco estatal e europeo. “As grandes productoras de enerxía están pagando impostos en Madrid e Madrid está sacando rédito dos recursos naturais de Galicia, que de dereito lle corresponden aos galegos”. O candidato avougou por regular o dereito do autoabastecemento enerxético e pedíu o voto para Compromiso por Galicia "para evitar que os impostos fuxan a Madrid".

Xoán Bascuas e María Xosé Alfonso falaron tamñen da importancia da recuperación da Ría de Muros e Noia para o marisqueo, de xeito que esa actividade se convertise na principal industria da comarca. Falou tamén da necesidade que ten Galicia de encontrar un novo encaixe de Galicia e do seu goberno na industria pesqueira. “Temos que buscar peso en Europa para participar directamente na negociación da asignación das cotas. Temos a necesidade dun goberno que se dea a valer en Madrid”, dixo Bascuas. Igualmente avogou pola potenciación da acuicultura amigable co medio ambiente e polo IVE súperreducido para peixes e mariscos das artes tradicionais, ademáis de destacar a necesidade de investir en I+D+i no sector.

Durante a visita, Xoán Bascuas aproveitou para lembrar o gran traballo que está levando a cabo María Xosé Alfonso na localidade e recalcou a necesidade de votar por Compromiso por Galicia para cambiar Galicia para sempre e construír un país de futuro. Igualmente na mañá do domingo, Xoán Bascuas visitou Cee e tivo oportunidade de intercambiar opinións cos veciños e de amosarlles o proxecto que propón Compromiso por Galicia.
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.